Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

martes, 5 de mayo de 2009

Unha nova wiki: a WikiSenior

Noticia

Nesta bitácora tense debatido, e moito sobre wikis. Pois ben, hoxe deuse a coñecer que botará a andar a primeira Wiki destinada ós maiores universitarios. Baixo o nome de "WikiSenior", esta nova plataforma creada pola Universidade para Maiores da Jaume I de Castellón, terá como obxectivo fundamental o de fomentar a participación deste colectivo nas TICs.

Os contidos da WikiSenior enmárcanse dentro de catro grandes áreas temáticas: as novas tecnoloxías e a ciencia, a gastronomía e a cociña, os viaxes e a historia local.

En cada unha das seccións os estudantes poden atopar a posibilidade de compartir experiencias previas, ideas actuais ou proxectos futuros co resto dos seus compañeiros.

¿Qué pensades? ¿Contribuirá a facilitar o acceso e a integración dos maiores á rede?

Saúdos compañeir@s!

Podedes ler a noticia no enlace de arriba.

1 comentario:

  1. Paréceme estupendo, e creo que vai moi en consoancia do que comentaba Anna na entrada de arriba. Tódalas iniciativas que contribúan a facilitarlles ós maiores o acceso ás novas tecnoloxías son moi positivas. Porque eles tamén teñen dereito a sentirse parte activa da sociedade na que viven, que duns anos a esta parte mudou a un ritmo vertixinoso.

    ResponderEliminar