Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

sábado, 9 de junio de 2007

En nombre de Xurxo

Esta es una reflexión que nos deja Xurxo para todos nosotros:

Ola

Dixéronme que relatase os atrancos polos que finalmente non participei na wiki, e aquí van.

Problemas técnicos puntuais e falta de tempo en xeral sería a primeira razón, e a segunda, que non comprendín (ou asimilei) a filosofía da wikinovela no seu momento.

Quizais, traía ideas preconcebidas doutras experiencias anteriores sobre como é normalmente a creación dun relato en grupo. Explícome.
A historia descolocoume desde o comezo ó partir duns protagonistas desdebuxados. Precisaba saber que buscaban e que dificultades tiñan para atopalo. Que os personaxes non o soubesen podería ser un bo argumento, pero como co-autor da novela si me parecía relevante sabelo, máis aínda, tratándose dun traballo colectivo onde é doado que xurdan malentendidos posteriores.

Problemas técnicos aparte, deixei avanzar a historia para ver por onde ía e engancharme ó fío dos protagonistas máis tarde. Polo escoitado na clase, agardaba un relato motivado por contrastes sociais en torno ó mundo urbano e tamén ó rural. Non foi así, os impulsos que movían ós personaxes eran, na súa maioría, de tipo sentimental. Supuxen que me perdera algunha premisa sobre unha nova liña argumental. Por motivos laborais faltei moito a clase e a falta de contacto persoal cos integrantes do grupo non a conseguín salvar co blog.

No blog hai grandes ideas, piropos, comentarios persoais, humor, borracheras, discusións... Nalgúns casos, escríbese na wiki e logo faise un tímido comentario no blog a xeito de desculpas por haberlle pisado algunha idea a alguén. Outras veces, confírmase no blog o apalabrado no bar e que agora xa pode aparecer na wiki lexitimado. Iso preocupábame, con que dereito lle coloco eu un irmán xemelgo a Rodolfo se alguén máis metido na trama quere darlle un paxariño.
Participar no blog con xente que non coñezo, e que tampouco me coñece foime imposible. Xa o sei, son un antiguo!!

O dito, obviamente non entendín ben a filosofía deste traballo, o que para min eran trabas e impedimentos para Ausencias era a súa razón de ser.
Seguro que estas e moitas outras dificultades tamén as tivéchedes vós e superáchedelas con éxito.

O meu aplauso polo esforzo adicado e felicidades polo resultado final.

Un saúdo
Xurxo

jueves, 7 de junio de 2007

A web 2.0, esa cousa

Tanto Mundos Interactivos como Ausencias son, na miña opinión, bos exemplos do que vén sendo a web 2.0 -interactividade, proxectos cooperativos, comunidade, etc.-. Déixovos aquí dúas suxestións que poden ser, un deles, un bo exemplo de web 2.0. A outra, un bo guieiro pola mesma. A saber:
  • Chuza!: Portal galego de novas sociais. Os usuarios envían as súas noticias, e as chuzadas -votos- dos membros da comunidade son os que xerarquizan a información. Inclúe ademais un wiki, unha especie de chat, etc. Un bo exemplo de web 2.0.
  • Periodistas 21: Blog do xornalista Juan Varela, todo un experto no tema. Exemplos prácticos, recomendacións e reflexións sobre a web 2.0.

Creative Commons

Non sei se vos fixáchedes, pero ausencias está baixo licenza Creative Commons. Onte publicouse no País unha interesante entrevista con Lawrence Lessig, creador deste tipo licenzas. Deixovos o link!

Sabíades o de Tolstoi?

miércoles, 6 de junio de 2007

Literatrónica

He visto esto por internet, me pareció curioso y quería compartirlo con vosotros:



¿Qué es la narrativa digital adaptativa?

Las obras de narrativa digital adaptativa en Literatrónica se identifican con el siguiente ícono: Hipertexto Adaptativo

Es una forma de escritura y lectura en la que los vínculos en el texto llevan al lector a distintos destinos dependiendo de lo que éste haya leído antes. Una obra literaria adaptativa se reconfigura para el lector produciendo cada vez una experiencia única de lectura. En otras palabras, el medio actúa en el mensaje. La adaptatividad puede ser compleja, como el en caso de Condiciones Extremas, una obra que se presta para lectura no-lineal gracias a un arreglo circular de eventos, o simple como en el caso de El primer Vuelo de los Hermanos Wright, una obra diseñada para ser leída en forma más o menos lineal.

Uno de los principales argumentos que los oponentes del hipertexto literario han esgrimido en el pasado es la historia fragmentada que se le ofrece al lector. En este caso, el lector recibe una trama que ha sido optimizada desde el punto de vista narrativo. Es decir, el lector recibe un texto lineal la mayor parte del tiempo. Esto genera una pregunta: ¿son la multilinealidad y la fragmentación os objetivos de la narrativa digital, o son ellas el producto del estado del arte cuando los primeros hipertextos literarios fueron producidos? ¿Es la fragmentación un paradigma que queramos conservar? Tenemos la habilidad de producir textos que explotan la esencia del medio digital, y al mismo tiempo conservan la esencia de la narrativa en un sentido clásico: inmersión.

Las obras literarias en Literatrónica son parte de un sistema de información capaz de interactuar con el lector. Los libros adaptativos no pueden ser reproducidos en papel excepto, tal vez, como una ruta de lectura en un momento dado. Eso es Literatrónica: letra que no puede ser sin el medio electrónico.