Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

viernes, 3 de agosto de 2007

O hipertexto e a lonxitude

Ola a tod@s, logo de semana e pico de moito traballo... volvo por aquí para seguir coa nosa narración veraniega... Polo que estiven lendo, vexo que o noso principal problema vén sendo a adaptación á estrutura hipertextual. O que estiven facendo eu, polo momento, foi máis que facer avanzar a historia, dotala de datos de contexto, digamos que algó así coma mostrar o escenario através do hipertexto. Penso que, ademais de facer evolucionar os personaxes, podemos tirar por aí, así creamos unha narración máis completa e de paso facemos uso amplo das ligazóns e a hipertextualidade. A verdade é que Anabel xa é longa de mais... e hai quen di que máis de catro pantallazos son máis ca excesivos para manter a atención do lector en Internet.
Aproveito para recomendarvos un manual que nos pode ser de utilidade; está incluido no sitio web da Universidad Carlos III de Madrid e móstranos diferentes recomendaciones para redactar e deseñar en Internet.

miércoles, 1 de agosto de 2007

Non papiros que se envolven ata o imposible

Só para pedirvos que fragmentedes e que non convirtades a historia de Anabel ou de calquera outro personaxe nunha especie de papiro sen fin. Tendes os enlaces para unir. Así que intentade construir unha narración que non sexa un relato no que as barras de desprazamento teñan un protagonismo estructural desmedido. Esta mensaxe deixena como comentario do escrito o día 5 de xullo e comprobo que seguides insistindo en alongar o relato de anabel ata o infinito. Estamos traballando co hipertexto. Se quixeramos unha narración lineal o taller chamaríase doutra forma. Por favor, creade personaxes, establecede vínculos, definide a narración como vos apatece, pero tende en conta que estamos a falar de nodos e enlaces, fragmentación, non lineal, non secuencial, polo que deixade de convertir a personaxe de anabel nun discurso lineal. Insisto e gustaríame non ver mensaxes sobre a desmesura da personaxe. E tamén agardo a colaboración continuada de todas as persoas que seguen vencelladas ao obradoiro. marotlo