Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

martes, 28 de abril de 2009

A gripe porcina e as redes sociais

Como xa comentamos dabondo neste bitácora, as redes sociais e os wikis teñen cada vez unha maior presenza en Internet. E tamén como xa reiteramos en multitude de ocasións, son ferramentas moi positivas se se empregan ben, e non tan boas, se se fai delas un mal uso.

Nestes últimos días a polémica sobre a gripe porcina chegou á rede. É importante saber ben, onde informarse, porque senón un sempre pode caer en informacións que carecen de sentido. O certo é que plataformas como Google maps, ou redes sociais como Twitter proporcionan unha situación actualizada e real de cómo está a situación a nivel mundial.

Por curiosidade déixovos un enlace para ler a noticia de cómo este tipo de redes abordan a rede porcina ( a noticia atopeina en Antena 3 noticias )

Google Maps, Twitter e a gripe porcina

E se desexades ver o mapa que fixo google cos países afectados pola gripe porcina, pinchade aquí.


Un saúdo compañeir@s ! Bo comezo de semana ! Vémonos o xoves.

Apertas.

3 comentarios:

  1. A verdade é que me parece todo un acerto. Como ben dis hai que saber ben onde informarse, pero este tipo de iniciativas parécenme moi ben. E outro xeito de infromarse sobre esta pandemia e saber así exactamente por onde se está a extender. Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Boas Óscar!!
    A verdade é que a gripe porcina estase a converter nun quebradeiro de cabez apara moita xente. Parece que nos últimos días aínda se estendeu máis e debido ó gran número de afectados que non deixa de medrar aumentouse o nivel de perigo. Penso que son temas dos que debemos estar moi ó día e sobre todo ben informados, por eso que esta iniciativa pareceme moi acertada.

    ResponderEliminar
  3. Está bien que proporcionen este tipo de información, pero hay que tener en cuenta un peligro potencial: en el momento en que estas redes masivas cometan un erros podría surgir una situación de pánico generalizado.
    Requiere mucha cautela y responsabilidad.

    ResponderEliminar