Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

sábado, 18 de abril de 2009

21 GRAMOS

Lendo o comentario de Óscar lembreime dunha película que vin fai tempo e que tamén emprega a narración non liñal. Trátase dunha película de Alejandro González Iñárritu que me chamou moito a atención: 21 Gramos.
Nela película cóntase a historia dun home enfermo terminal de corazón que recibe nun último momento a noticia dun transplante dun home que acaba de ser atropelado. A esto súmaselle a historia da muller do falecido que nuns minutos perde a toda a súa familia (pois co seu marido morren tamén as súas fillas). O director tamén vai saltando de adiante cara atrás e mesturando as historias. Nun primeiro momento, costoume entender ben a historia pero a medida que avanza a película vaste dando de conta de moitas cousas.
Persoalmente, gustoume moito, anímovos a vela.

2 comentarios:

  1. Sí, Iñarritu fragmenta sus películas en multiperspectiva y hasta que avanza el film no puedes seguir recomponiendo las partes ni las historias. A mi , personalmente me parece una forma muy interesante de plantear la estructura de una película. También hay otros directores que lo emplean, como en Crash, que ganó el Oscar hace unos años.

    ResponderEliminar
  2. Coincido contigo no que dis, de feito é unha das miñas películas favoritas. Recordo ter comentado algo similar na entrada sobre Slumdog Millionaire.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar