Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 2 de abril de 2009

O hipertexto e a vida real

Moito se fala e máis se falará do hipertexto. Gracias a diversas asignaturas que fomos cursando en maior ou menor medida ó longo da licenciatura sabemos que é o hipertexto. Pero agora que abordamos a recta final eu pregúntome que tén que ver o hipertexto na miña vida real.
Un blog da Universidade Complutense de Madrid deixa caer o seguinte: Yo sigo en mi vida un sendero que construyen diferentes elecciones a cada momento - y lo mismo hace todo el mundo. Imagina que vas andando por el pasillo de un supermercado buscando tu marca favorita de cereales. La encuentras, y justo al lado ves que otra marca que te gusta está en oferta. Tienes que decidir cuál comprar y seguir adelante. Eu supoño que é neste punto cando entra a formar parte da normalidade esa nova invención chamada hipertexto. Dese xeito, aínda que queiras aproveitar a oferta, tamén tes a posibilidade de comprar os teus cereais favoritos.
Resultaría imposible narrar as nosas vidas de xeito lineal. Porque cada elemento que nos conforma ten un link con situacións vividas e relacións sociais establecidas que levan inexcusablemente a que teñamos ou non unha característica. Así, moitas das palabras que pronunciamos fan referencia indirecta a moitas outras cousas; son un pequeno botón que enlaza con outros sites.
Agardo que esta pequena reflexión sexa entendida e consiga abrir o debate de ¿seríamos capaces de entender as nosas vidas doutro xeito que non fose o hipertexto?

No hay comentarios:

Publicar un comentario