Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

domingo, 29 de marzo de 2009

Xornalismo Vs Xornalismo cidadán: o caso dos blogs

Ola compañeir@s:

Gustaríame plantexar un novo tema de debate. O caso é que no curso de "información política" da nosa facultade no que estou inscrito, este sábado a profesora Diezhandino, tocou un tema que suscitou a polémica, e no que en parte tamén opino o mesmo.

Trátase da emerxencia dos blogs e do xornalismo cidadán. A profesora Diezhandino, apelou a que o xornalismo cidadán, como así se lle chama, é un falso xornalismo, e dentro deste os blogs, son ferramentas moi útiles para a comunicación, pero para a comunicación NON xornalística.

Veu a dicir, que sempre que un blog, páxina...etc...a elabore un xornalista, rexíndose polos criterios profesionais, será sen dúbida "xornalismo", pero que todo aquelo que non sexa así, será comunicación entendida en sentido amplo pero nunca "xornalismo".

A profesora Diezhandino, apelou a que hoxe en día, en internet impera o todo vale, calquera pode converterse en xornalista, calquera pode ofrecer "falso xornalismo" e que este é un dos graves problemas que afectan á crise de credibilidade que atravesa o mundo do xornalismo.

Polo tanto participación cidadá si, por suposto, pero entendida como tal, como participación, e aporte nunca como xornalismo, cómpre -dixo Diezhandino- deixar moi clara a diferenza entre a comunicación xornalística e a comunicación en xeral, entendida en sentido amplo.

Ben non sei se expliquei un pouco este tema, o caso é que me gustaría saber que pensades vós dos blogs, e do xornalismo cidadán. Eu son partidario dos blogs, por suposto, e de todas as oportunidades que nos brindan as novas tecnoloxías, pero iso si, tendo moi en conta, de onde provén a información que busco en cada caso, para informame, para divertirme no tempo de lecer...

Gustaríame saber tamén se pensades que este fenómeno, xunto co intrusismo son as causas principais que contribúen á crise de credibilidade que afecta ó mundo do xornalismo

Saúdos compañeir@s.

4 comentarios:

  1. Yo coincido con la profesora Diezhandino. No creo que todo lo que se hace en la red pueda ser considerado periodismo, sino que forma parte del ámbito de la comunicación, sin más. La información debe ser tratada por profesionales con criterios periodísticos.

    ResponderEliminar
  2. Persoalmente penso que Diezhandino ten toda a razón. Hoxe en día a proliferación de blogs, foros e demais oportunidades que nos brindan as novas tecnoloxías están á orde do día pero hai moita xente que se equivoca ó empregalas e consideralas. debemos ter moi claro que hai grandes diferenzas entre a comunicación xornalística e a xeral, temos uns parámetros que seguir, unhas normas..moitas cousas que a xente que non estudia a carreira pode que non saiban. NOn por redactar ben un texto xa pode ser ocnsiderado xornalismo. Eso é o que opino vaia.

    ResponderEliminar
  3. Bueno, estoy de acuerdo con Diezhandino, aunque con algunas matizaciones.
    En primer lugar, obviamente, desde el momento en que se instaura una licenciatura, un título profesional de periodista (o de lo que sea), se entiende que su ejercicio profesional requiere unos conocimientos académicos. Además, laboralmente es algo muy importante, porque si realizo unos estudios, es para tener una supuesta "ventaja" en ese ámbito que me de prioridad a la hora de trabajar.
    Ahora bien, no asistí a la charla de Diezhandino, así que no sé exactamente a qué se refería, pero creo que el periodismo tampoco debe reducirse a los conocimientos adquiridos en un carrera. Quiero decir: tú puedes tener clarísimos los principios periodísticos, los criterios, y las cuestiones más técnicas. Pero desde luego, el periodismo implica otra parte tan importante o más que esa, y esos son los conocimientos, y en los casos de productos especializados, hablamos de amplios conocimientos. Si algo estoy pudiendo comprobar en las prácticas y demás experiencias, es la dificultad de guardar la mayor fidelidad posible a los hechos. Una persona con cierta facilidad para escribir y especializada en un tema, probablemente haga un artículo mucho más efectivo comunicativamente que un periodista, o no. Pero a lo que me refiero es a que a mi modo de ver, el periodismo es ante todo un trabajo de documentación, de profundización en los hechos hasta llegar a su comprensión casi total, para poder comunicarlos.
    Por otra parte, creo que de momento nadie, o casi nadie, considera los blogs espacios periodísticos... Me gustaría pensar que la pérdida de credibilidad que sufre la prensa, por ejemplo, se deba más a la politización evidente de los medios... En fin, no acaparo más espacio. Saludos.

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén estou dacordo con vós. Os blogs claro que son comunicación, pero no sentido amplo do termo, e só se trata de comunicación xornalística cando están elaborado coa rigurosidade e profesionalidade dun xornalista, baixo a miña opinión. As novas tecnoloxías poden favorecer moito o xornalismo, pero tamén danalo, xa que a posibilidade que Internet dá de que todos poidamos subir información á rede, fai que a profesión de xornalista perda gran credibilidade. Por iso, todo o que non sexa elaborado por un xornalista, non pode ser denominado como comunicación xornalística.

    ResponderEliminar