Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de marzo de 2009

Xornalismo Vs Xornalismo cidadán: o caso dos blogs

Ola compañeir@s:

Gustaríame plantexar un novo tema de debate. O caso é que no curso de "información política" da nosa facultade no que estou inscrito, este sábado a profesora Diezhandino, tocou un tema que suscitou a polémica, e no que en parte tamén opino o mesmo.

Trátase da emerxencia dos blogs e do xornalismo cidadán. A profesora Diezhandino, apelou a que o xornalismo cidadán, como así se lle chama, é un falso xornalismo, e dentro deste os blogs, son ferramentas moi útiles para a comunicación, pero para a comunicación NON xornalística.

Veu a dicir, que sempre que un blog, páxina...etc...a elabore un xornalista, rexíndose polos criterios profesionais, será sen dúbida "xornalismo", pero que todo aquelo que non sexa así, será comunicación entendida en sentido amplo pero nunca "xornalismo".

A profesora Diezhandino, apelou a que hoxe en día, en internet impera o todo vale, calquera pode converterse en xornalista, calquera pode ofrecer "falso xornalismo" e que este é un dos graves problemas que afectan á crise de credibilidade que atravesa o mundo do xornalismo.

Polo tanto participación cidadá si, por suposto, pero entendida como tal, como participación, e aporte nunca como xornalismo, cómpre -dixo Diezhandino- deixar moi clara a diferenza entre a comunicación xornalística e a comunicación en xeral, entendida en sentido amplo.

Ben non sei se expliquei un pouco este tema, o caso é que me gustaría saber que pensades vós dos blogs, e do xornalismo cidadán. Eu son partidario dos blogs, por suposto, e de todas as oportunidades que nos brindan as novas tecnoloxías, pero iso si, tendo moi en conta, de onde provén a información que busco en cada caso, para informame, para divertirme no tempo de lecer...

Gustaríame saber tamén se pensades que este fenómeno, xunto co intrusismo son as causas principais que contribúen á crise de credibilidade que afecta ó mundo do xornalismo

Saúdos compañeir@s.