Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

sábado, 7 de marzo de 2009

Slumdog Millonaire: narración audiovisual non lineal



Ola compañeiras, gustaríame traer a colación un filme que vin esta fin de semana, e que me pareceu representativo do exposto o outro día na clase. Trátase da película “Slumdog Millonaire” dirixida por Danny Boyle e recentemente galardoada con oito Oscars.

Pois ben, sen desvelarvos moito o argumento da película, por se non a vistes, gustaríame comentar a narrativa audiovisual que emprega. A obra comeza intercalando unha historia dun mozo orfo que vive nunha barriada de 'Bombay' e que se presenta á versión india de "¿Quién quiere ser millonario?". Tras acertar todas as preguntas, cando está a punto de responder á última cuestión, a policía deteno e vese obrigado a dar explicacións de todo. Ninguén cría que un rapaz tan pouco formado fose capaz de responder correctamente a tantas cuestións. No interrogatorio policial ó que é sometido conta moitos momentos da súa vida chegando a desvelar mesmo ata o verdadeiro motivo que o levou a decidirse a concursar no programa.



Este argumento descrito de xeito lineal, na película, transformase nun continuo flashback e flashforward, intercalando momentos da súa vida de cativo con momentos no concurso. Establécese entón un paralelismo entre o que lle pregunta o presentador, e unha unha etapa concreta das súas duras experiencias vitais.



Deste xeito o espectador pode entender cal é o motivo específico que fai que sexa capaz de acertar a cada pregunta. Non por casualidade, nin tampouco por ser un rapaz culto. A súa experiencia vital, e a súa loita cotiá para sobrevivir son as claves para responder satisfactoriamente ás cuestións que se lle plantexan no programa.



Poderiamos establecer un paralelismo entre esta forma de contar e de narrar, coa wikinovela. En ámbolos dous casos ráchase de pleno co relato que plantexaba o pensador e filósofo grego Aristóteles. Na retórica aristotélica facíase referencia a que calquera relato debería ter necesariamente tres partes: presentación nó e desenlace.

Coido que esta lóxica aristotélica, está en desuso, non só na escrita, senón como vemos no mundo audiovisual, e mesmo na internet. Mesmo as noticias televisivas xa non seguen esta tendencia. Xeralmente entran directamente no conflito. A maioría dos guións dos informativos televisivos, hoxe en día dramatizados e espectacularizados, buscan chamar a atención, servir de reclamo ó espectador. Por isto, fuxen dun relato lineal, para rachar con todos os esquemas do televidente. Nas pezas informativas televisivas tamén se dan saltos temporais, abórdase xeralmente o nó ou conflito, sen grandes contextualizacións e introducións. En internet se cabe, esta forma de contar dáse dun xeito máis acentuado polas posibilidades que ofrece a rede, mesturase texto, vídeo, son. As noticias incorporan enlaces que nos levan a outras, os medios dixitais, mesmo enlazan as informacións con documentos que serven como probas, ou con outras páxinas web alleas ó cibermedio.

O relato xornalístico muda por tanto para adaptarse a unha nova forma de contar, e mesmo de ver o mundo. Recordemos que a retórica aristotélica non é máis que un esquema xurdido nun momento da historia, e que ten moito que ver coa forma de entender e pensar o mundo. E por isto esta nova forma de contar tamén ten que ver co noso mundo actual. Un mundo interactivo, cheo de posibilidades tecnolóxicas, redes sociais, espazos compartidos na rede,obras individuais que pasan a ser creacións colectivas, comunidades virtuais, enciclopedias e novelas construídas non por un EU senón por un NÓS colectivo que contribúe a fomentar a interacción e a participación.

6 comentarios:

  1. Aínda non tiven a oportunidade de ver a película, pero paréceme moi acertada a relación que fixeches da película coa wikinovela e os relatos xornalísticos.
    Na narrativa lineal que é unidireccional e impulsada polo narrador, quen selecciona a información, as historias están clausuradas, son de estructura estable. Porén, na narrativa hipertextual as cousas cambian, os roles de emisor e receptor poden ser intercambiables, os contidos poden ser abertos, dependentes das eleccións do usuario e non hai unha soa estructura central. Isto non se observa só na literatura, senón tamén no xornalismo. Cámbiase a xerarquía e secuencialidade polos nexos e a multilinealidade.

    ResponderEliminar
  2. Aproveito para informarvos do taller (perdon pola intromisión)):

    Obradoiro de Técnicas de Animación Dixital (Flash)

    Programa
    Teoría da animación. Técnicas de animación con Flash. Fundamentos básicos da animación. Animación tradicional. Animación de símbolos. Animación con fontes
    Conceptualización de proxectos e comprensión dos mecanismos da animación. Storyboard dixital. Aspectos básicos de programación en Action Script

    Horas: 30

    Horario: De 17:30 a 20:30 horas

    Datas de realización: Do 14 ó 29 de abril

    Periodo de preinscricion: Do 23 ó 28 de marzo

    Lugar de preinscricion
    Secretaría do Departamento de Ciencias da Comunicación (3º andar). Facultade de Ciencias da Comunicación.
    Teléfono, 981 563100, extensión, 16522

    Período de matrícula: Do 30 de marzo ó 7 de abril

    Profesorado: Fran Pedreira

    Número de alumnos
    - Mínimo: 13
    - Máximo: 23

    Prezo matrícula: 70 euros.

    1 crédito de libre configuración
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Ola Oscar,
    Para min tamén garda certa relación a estrutura narrativa desta película coas wikinovelas. Pero eu tamén vexo moitas diferenzas entre as dúas formas de relato. E creo que a fundamental está na capacidade de elección do usuario, como apuntaba Tania. No cine, co cu pegado ó asento, é imposible elixir o que queres ver e o que non. Dese xeito, toda a narración ten que gardar unha certa coherencia, para que o espectador non se perda completamente. Por iso, aínda que a narración de flashback-flashforward resulta moi novidosa, creo que non é tan rompedora como a wikinovela. Personalmente estame costando moito traballo facerme á idea de construír un relato dun xeito tan diferente a todo o demais. Un saúdo compañeiros!

    ResponderEliminar
  4. Realmente me gustou esta película -agás o típico final ó estilo Bollywood- e únome á decisión do xurado dos Oscar. Parece que últimamente están apostando por películas de moi baixo presuposto, se temos en conta as millonadas que costa cada típica comedia de instituto que fan nos Estados Unidos, pero de moi boa calidade. Foi o caso de "Juno" ou de "21 gramos".
    Aproveito esta última para poñer outro exemplo de narración non lineal. De feito, non é ata a metade do filme cando se comeza a comprender todo o entramado de historias. E o mesmo acontece con "Amores Perros", tamén de Alejandro González Iñárritu, tamén moi boa e do mesmo estilo que a anterior.

    ResponderEliminar
  5. Por fin he visto esta película y creo que no ser una narración lineal es uno de sus grandes atractivos. La historia está genial, pero el ritmo de Slumdog es de lo mejor de la cinta. No hay un momento en el que la tensión desaparezca. Muchísima acción durante el juego en plató, en la infancia y en el presente...los saltos contínuos hacen que te quedes pegado a la historia para descubir el porqué de algo del presente, etc. En resumen, la peli está muy bien ;)

    ResponderEliminar
  6. It isn't hard at all to start making money online in the undercover world of [URL=http://www.www.blackhatmoneymaker.com]blackhat backlinks[/URL], Don’t feel silly if you don't know what blackhat is. Blackhat marketing uses little-known or misunderstood methods to build an income online.

    ResponderEliminar