Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

sábado, 28 de abril de 2007

Abandonemos o pasado SEN BORRAR

Despois de ter lido todas as impresións , é obvio que sobrarían moitos elementos e subhistorias que non fixeron máis que liar a novela. Non obstante, coido que é mellor non borrrar NADA do que se fixo até agora e, cos contextos que temos, seguir coa historia pero doutro xeito, centrándonos exclusivamente no presente e mesmo no futuro. Por iso non apoiaba a idea de que o psicólogo e Susana se liasen. Non é mala idea, pero volvemos ao de sempre: volvemos cara a atrás e iso non era o que discutimos na clase. Tiremos cara adiante dunha vez, se non, dentro dun mes, cando xa acaben as clases, estaremos como agora.
Por certo, corrixín o do barco (púxenlle Fervedoiro II como acordarades os autores no blog) porque a persoa que lle puxera Tximbito non llo cambiara. Crin que dse encargaban eles por iso non o corrixira (que esa semana estaba eu no comité de correccións). Está solucionado.

2 comentarios:

  1. Para que desfacer todo o que fixemos?
    É mellor mirar cara a diante e corrixir o que faga falta no pasado. Iso si, necesitamos comprometernos para non volver a escribir sobre o pasado. Temos contexto dabondo!

    ResponderEliminar
  2. estou dacordo!!!
    mellor tirar cara adiante sen borrar o xa feito!

    ResponderEliminar