Aumentei a historia do vagabundo no sentido que tenta buscar a Anabel e a Raquel (a rapaza que se lle queda mirando) pensando que pode haber máis xente como el, ou ter respostas. (está na páxina "nuevos caminos")
Puxen que volvía encontrar a Raquel e que Raquel lle di que tan só viu a unha persoa durmir coma el. Pensei que este comentario serviría para explicar o interese de Raquel por el (non é normal que se lle quede mirando mentres durme sen unha explicación) e serviría para posibles enlaces entre os personaxes. Quero dicir, se queredes, Raquel puido ter (ou segue tendo) algo que ver cos outros dous personaxes da historia (parentesco, amizade, coincidencia, o que queirades) e serviría como outro nexo de unión. Senón, igualmente pode quedar así e que a persoa que coñeceu Raquel fora alguén que tiña o mesmo problema (ou don) dos nosos protagonistas, pero que non teña nada que ver máis, no caso de que vos parecese que se complica moito a historia
Non sei cal credes que é a mellor opción.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
martes, 17 de abril de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario