Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

viernes, 27 de abril de 2007

EL VAGABUNDO, BY XURXO

RODOLFO, “O CEGO”. VAGABUNDO: Indixente, nado no ano 80 é orfo de pai e nai. Sobrevive en Madrid e a súa vía de escape é soñar.
MOZA HIPPIE: Rodolfo lembra esta moza como a primeira que lle deu senso a súa vida (só aparece mencionada).
ANABEL: Avogada. A primeria vez que Rodolfo a viu foi cando ela esqueceu no tren unha bolsa que máis tarde lle devolvío nun encontro algo brusco. Ainda así, tenta volver a falar con ela pois coida que teñen algo en común.
RAQUEL: En varias ocasións observou abraiada a Rodolfo na rúa mentras el estaba a soñar. Rodolfo decatouse da curiosidade da moza polos seus soños e séntese atraido por ela. Coida que Raquel comparte con el un xeito particular de soñar pero non consigue atopala para saber máis.
MADRE MILAGROS: Atende a Rodolfo no comedor de indixentes e ten moito carácter. Un antigo amor non aceptado por seus país fixo que se alonxase deles para adicarse a relixión.
JOAQUÍN: O amor de xuventude de Madre Milagros que lle cambiou a relación con seus pais. O ourensano Joaquín tiña unha concepción moi patriarcal do matrimonio que contrastaba coa mentalidade aberta de Milagros. En Ourense vaille ben como pediatra.
PAI DE RODOLFO: Empregado de ferrocaril tivo unha morte prematura e tráxica. En vida tivo pouca afinidade co seu fillo pero Rodolfo percivía que seu pai o quería. Criouse en Valladolid nun horfanato. Fuxío a Madrid cando a nai de Rodolfo quedou embarazada del devido ó rexeitamento de seus país que non o aceptaban.
NAI DE RODOLFO (CARMÉN): Tivo unha depresión logo da morte de seu home ata que refixo a vida casándose de novo. Faleceu ó pouco de casarse por segunda vez. Aparece con frecuencia nos soños de Rodolfo.
PADRASTRO DE RODOLFO (DAVID): Foi o pai adoptivo de Rodolfo ó casarse coa súa nai cando el tiña oito anos. Non chegaron a conxeniar nunca. Ó morrer a nai de Rodolfo, David, casouse de novo con outra muller que tamén aborrecía ó neno.
MADRASTRA DE RODOLFO (JUANI): Rodolfo afirma que cando era neno fixo caer por accidente a súa odiada madrastra polas escaleiras provocándolle a morte. Logo disto, Rodolfo fuxío créndose perseguido pola xustiza.
MATILDE: Viuda desde os 26 anos ó caer seu marido dun andamio. É moi relixiosa e non renuncia nin ó luto nin ó recordo de seu home por nada deste mundo. Cando Rodolfo era párroco coñeceu a Matilde, era a súa mellor ferigresa e tamén unha boa amiga. Rodolfo colgou a sotana ó considerar que unha alma tan cumplidora e bondadosa como Matilde non debía sufrir tantas penas impostas por Deus.
Rodolfo comezou aquí a súa andaina como indixente.
SOLEDAD: Unha cadela branca compañeira das miserias de Rodolfo que posúe un gran sentido do deber gardando sempre as pertenzas de seu dono cando este dorme na rúa. A Soledad gostaríalle compartir as súas pulgas cun fermoso can con pedigree pero que lle é afastado polo seu dono.
MANUEL: É o dono dun flamante can que sempre fuxe turrando del ó ver a cadela de Rodolfo perto.
TÍA (A loca): Irmán de súa nai Carmen criadas as dúas en Valladolid. Rodolfo case non se lembra dela cando o cuidou de mozo pero si conserva unha cabeza de allo como amuleto que lle regalou ela cando súa nai morreu. Non voltaron a verse desde entón.
SOFÍA: Unha muller que lle ofrece axuda a Rodoldo un día de chuvia durante un dos seus soños.
HOME (EDUARDO): Nun dos soños de Roberto, durante un banquete na rúa, este home afirma compartir con el a mesma historia aínda que Roberto non consegue lembralo.

1 comentario:

  1. que apareza a tía tola (a da cabeza de allo) e lle explique (máis ou menos) ata que punto ten un don, que hai máis xente coma el e que debe toparse con eles para axudalos a comprender que o que lles pasa é un don e non algo malo.
    que vos parece?

    ResponderEliminar