Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

domingo, 22 de abril de 2007

Debate

De cara ó debate, quería facer fincapé en varios puntos (que de tódolos xeitos, veñen sendo os habituais nos últimos tempos nesta bitácora).

O primeiro de todo é que eu creo imprescindible un guión e axeitarse a el. Non con iso me gustaría coartar a liberdade creadora de cada un, pero deberíamos establecer un orde fixo e coñecido por todos para facer que a historia avance porque xa non queda moito tempo e estaría ben que tivera unha "conclusión" (non me refiro a punto e aparte, pero si a un punto e seguido). Tampouco estaría ben establecer toda a historia, en tódolos seus detalles, pero si os puntos de inflexión e os nexos de unión.
Por exemplo, estaría ben que houbese un nexo entre os tres (tampouco fai falla que se encontren e tomen un café, senón unha persoa que os coñece ou que tivo algo que ver, mesmo sen decatarse do que teñen en común). Paréceme interesante para darlle unha maior interconexión e para posibilitar posibles liñas argumentais que poden avanzar -ou non- a partir de aí. Para iso paréceme interesante o personaxe de Raquel, como xa dixen en anteriores posts (pode ser familiar do mariñeiro e atoparse un día por Madrid con Anabel, ou coñecela a través da busca que emprende Rodolfo-por poñer un exemplo).
Paréceme tamén importante devolverlle máis importancia ós soños, ás "ausencias" -que quizais está dimuindo á costa dos personaxes secundarios. Estaría ben usalas tamén para buscar puntos en común, coincidencias, que se queredes poden convertirse en interrelación ou non.
En canto a interrelación da que falo dos personaxes, ó mellor hai xente que non está dacordo en que se relacionen entre eles, eso estará a debatir mañá, pero a min pareceríame interesante. Aínda que foran encontros casuais sen saber quen é o outro.
Hai que ter coidado tamén cos personaxes secundarios e cales son relevantes ou non, porque a inclusión de moitos episodios dese tipo pode ralentizar a historia para o lector que non esté familiarizado con todo ese "universo".
Estas son as miñas opcións para o debate, pero haberá que decidir entre todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario