Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

domingo, 22 de abril de 2007

Anabel e Susana

Ola a todos!
Eu tamén penso que xa que estamos a engadir personaxes secundiaras, que por unha parte, tamén enriquecen a trama, deberíamos diferenciar aquelas que aparecen de xeito anecdótico das que realmente terán grande impprtancia, falo por exemplo de Pepe ou de Susana. A propósito da proposta de Lupe de engadir na trama o feito de que Susana tamén teña soños paréceme moi intereasante, pero pensei que quizáis sexa interesante que ámbalas dúas se vaian decatando de que os seus soños están conectados. Poderiamos facer que o psicólogo se de conta diso e lles propoña unha terapia de grupo na que as dúas se conten os seus soños e descubran personaxes comúns, distintos desenlaces para os mesmos soños ou viceversa... O demáis xa o iríamos establecendo sobre a marcha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario