Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

miércoles, 11 de abril de 2007

Guión

Creo que a idea do guión é o mellor para volver encauza-la historia.

Creo que sería boa idea colgar o guión que se acorde na clase do blog, para que o podamos ver os que non podemos asistir, e a partir do acordado dar as nosas opinións.

Ademais, quero deixar aquí outra alternativa para mañá. Xa que creo que nos perdimos un pouco con historias paralelas e personaxes secundarios, estaría ben facer un inventario deles e a partir del establecer cales van continuar na historia e como, e cales non, para deixa-los pechados. É dicir por exemplo na historia do Vagabundo están (nomeados, non quere dicir que todos teñan unha historia): a tía, a madre Milagros, a cadela, Raquel, os pais, os pais adoptivos...(por certo, aínda non teño claro o dos pais de Rodolfo -adoptárono no centro de acollida ou os comprometido da súa nai- xa dixen noutro comentario as miñas dúbidas e non sei como queda ó final)

Todo isto vén a que creo que para volvermos centrar a historia hai que facer unha recapitulación para ademais ver se algún personaxe podería servir de nexo entre historias (ademais dos encontros nos soños).

No hay comentarios:

Publicar un comentario