Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 19 de abril de 2007

Así, en xeral

só dicir que é boa idea o da reunión, porque así poderemos fixar unhas ideas básicas que permitan avanzar e facer a historia máis interesante, xa que se quedou nun punto fixo, no que se engaden personaxes secundarias e demais pero no que a acción non avanza
a este respecto, paréceme moi interesante tanto o do personaxe de Raquel, que coñeza a alguén que durme igual que Rodolfo, para así enlazar historias, coma o da muller da Costa da Morte que lle dá o teléfono do psicólogo á muller do mariñeiro
respecto a compañeira de Universidade de Anabel, igual si que debería ser importante o seu encontro pero paréceme forzado que compartan o mesmo problema
Creo que o tema dos personaxes e como os secundarios van servir para enlazar as historias dos principais sería un punto interesante a discutir na reunión

No hay comentarios:

Publicar un comentario