Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

domingo, 8 de abril de 2007

Das correcións

Xa está case todo corrixido pero sigo tendo a dúbida sobre os pais de Rodolfo (pode que eu entenda mal). Xa expliquei antes o de que na páxina do vagabundo dise que foi educado polo padrastro e por outra muller coa que casou pero na páxina "le contó la historia de sus padres" dise que o adoptaron nun centro de acollida. Non sei se se refiren a que o padrastro e a nova muller deberon, evidentemente, pasa-lo trámite de adopción e que ó mellor xusto despois de morrer a nai Rodolfo foi para un centro de acollida e por eso o adoptaron. Se é así, creo que non está moi explicado porque cando se fala da súa adopción non se menciona en ningún momento que foron parella de seus pais. Xa digo, se é así, habería que especificalo dalgunha forma ou dicir na páxina principal que pasou un tempo nun centro de acollida (para marcar máis a coherencia, xa que a historia pode perderse ó ter tantas ramificacións).
E de non ser esta a explicación habería que cambiar unha historia ou outra, ou a súa cronoloxía.
Se é que non entendín ben, gustaríame que mo explicarades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario