Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 19 de abril de 2007

reunión de luns e propostas

A reunión do luns, día 23, é para debatir, analizar, revisar, criticar, suxerir, etc. É unha xuntanza na que se necesita a participación de todos e todas. Non sirven silencios e encollemento de ombros porque non permiten avanzar. Así que vinde con ideas, propostas e alternativas que nos permitan fixar definitivamente por onde queirades que vaia o relato. así que ao principio da clase podemos establecer como un guión de aspectos concretos para debatir. Polo que vos pido que cada un vaia elaborando o seu guión coas propostas. E ao mellor, eses guións individuais coas aportacións de cada un poderíades deixalos na bitácora para reunilos e poder dispor xa dun guión global con todas as propostas e dúbidas que teñades. Dígoo para axilizar o debate. A reunión ten que ser para a toma de decisións e para establecer as pautas de continuidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario