Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 24 de mayo de 2007

Outra novela multimedia

Descubrín unha novela moi completa na Rede con todos os recursos que se ofrecen moi ben aproveitados. A novela chámase Don Juan en la frontera del espíritu, de Juan José Díez.

http://www.prodigia.com/clientes/webnovela/nueva/principal.htm

A pesar do completa que é tamén ten varios inconvenientes que cabería resaltar para non repetir erros en futuras experiencias.
A novela está presentada como un libro convencional e o internauta vai pasando as páxinas. Aínda que fomenta a interactividade, queda pouco orixinal porque na Internet hai cabida para moitas máis experiencias que trascendan o tradicional. Ademais, hai demasiado texto, porque son moitas as páxinas. Outro dos aspectos a salientar son os enlaces externos, que son a maioría. Se entrades nesta páxina comprobaredes por qué é mellor facer links internos na nosa wiki. Resulta moi pesado volver atrás continuamente.
O que si está moi ben, na miña opinión, é a presentación. Non sei cómo o vedes, pero podiamos crear unha presentación parecía, porque queda realmente moi ben. Para os que non a veades, trátase dunha panorámica animada en branco e negro e con son de fondo. Gustaríame que creasemos unha páxina Home animada, chamaría moito a atención e resulta atractiva poara os internautas. Que vos parece?

3 comentarios:

  1. Acabo de visita-la páxina e estou dacordo contigo. Gústame moito a presentación, aínda que creo que non aproveita debidamente os recursos da internet. É dicir, está demasiado ancorada na lectura tradicional (nós mesmos somos tamén lectores tradicionais).
    Creo que os enlaces e o multimedia poderían aproveitarse mellor, interrelacionalos máis.
    De tódolos xeitos, coincido na boa presentación e gústame como funciona, sobre todo, a música.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo. A presentación é a música están moi ben. Como apunta Ana, non debemos esquecer que nós somos aínda moi tradicionais á hora de realizar as lecturas e iso que somos os creadores dunha wikinovela!!! Por iso quizais non explotasen demasiado os recursos da rede.

    ResponderEliminar
  3. Pues yo no sé qué pasa con esta página que no hay forma de acceder a ella; se queda colgada. Habéis tenido vosotras algún problema? La página se queda toda en negro y no aparece na de na, no hay forma de verla!

    ResponderEliminar