Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

miércoles, 16 de mayo de 2007

Correcións Vagabundo- Rodolfo

As que seguen son algunhas correcións e suxerencias. Os erros ortográficos, ou os soños que non estaban en cursiva, xa os fun corrixindo.

1.- Na páxina de “madre Milagros”, o enlace Palencia non funciona, non hai páxina. Hai que poñer algo ou ben quita-lo enlace da palabra.

2.- Al final da páxina de “Soledad” chamase á cadela de Rodolfo Solita ¿é un erro ou é un “diminutivo”?

3.- Na páxina principal de “Rodolfo” hai un link externo (fase, que vai a unha páxina que explica as fases do sono). Hai que convertilo nun link interno.

4.- Na páxina principal, de Rodolfo, ó principio de todo, hai un enlace a páxina de “El Ciego”. Desde esta, está o enlace ó primeiro encontro con Anabel e despois fala de Raquel. Se se segue esa ruta ó principo de todo (a ruta repítese desde a páxina de Raquel, que vai dar tamén a de “El ciego” e outra vez a todo isto), pódese un perder porque aínda non apareceron os personaxes e porque aínda non sabemos o problema dos soños, e xa falamos de se é Anabel é como el. Para nós, non hai problema, pero para lectores externo que comecen a historia por aí poden perderse. Polo tanto, ou hai que facer unha ruta diferente, ou modificar lixeiramente os textos para que se vexa máis claro ou se entenda mellor.

++++Unha suxerencia: as páxinas que son demasiado longas dificultan a navegación. Cando premes un link, e segues esa historia, cando volves para atrás, volves ó alto da páxina, aínda que o link que pincharas estea o fondo dela, co cal tes que buscar onde estabas de novo e vólvese un pouco difícil para que non coñeza ben a historia. Por isto, estaría mellor tentar non alongar moito as páxinas e se queremos completar unha historia face-lo a través de páxinas novas.

1 comentario:

  1. totalmente de acuerdo con tu sugerencia. Creo que es un error a que las paginas sean tan largas

    ResponderEliminar