Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 3 de mayo de 2007

Comités de redacción

-- Entre o 30 de abril e o 6 de maio tócalle o turno de revisión ao grupo formado por Ana Piñeiro, Eva Vázquez, Angela Castro e Alba Porral. Hoxe xoves tiñan que estar xa na bitácora as correccións correspondientes. Xoves e venres as persoas aludidas polas correccións tiñan que respostar, matizar, modificar, protestar, etc. E se non había resposta, os membros do comité serías responsables de cambiar o que consideraban oportuno, entre o sábado e o domingo. O feito de que o mércores remate a revisión non significa que haxa modificación de datas.
A anotación sobre os comités de redacción aparece o 29 de marzo de 2007. Si tendes algún problema revisade as entradas de marzo para comprobar os grupos e o calendario.
-- En canto ao uso da cursiva é unha mala idea. A cursiva é un estilo que se lee mal nunha pantalla, que só debería usarse para frases moi curtas ou palabras e non para párrafos longos. Así que penso que o de facelo en word e cortar e pegar (un xesto ao que estamos acostumados) é unha boa idea ou senón un cambio de tipografía, que visualmente podería ser interesante e chamativo. Teriades que buscar un tipo que contraste moito coa tipografía que estades usando. Tampouco usedes maiúsculas ou negritas. As cursivas, maiúsculas e negritas se interpretan como berros e deberíanse utilizar en casos concretos e non en párrafos longos.
-- Os enlaces externos (mirei o de colocar "target=blank" dentro da etiqueta de enlace e non funcionou) non deberían ir no medio de texto. Gústame iso de que o navegador ten un botón atrás, pero cando saes da túa propia páxina xa non sabemos se vai volver o internauta ou non. Así que deixemos a un lado eses proverbiais mecanismos e pensemos nunha navegación / interacción propia e non deixala nas máns dos navegadores. Polo que os enlaces externos poderían ir ao final do párrafo, e non no medio da narración.
-- En canto ao uso de todas as linguaxes, formatos, géneros, etc son decisións vosas e sería interesante experimentar con todas as posibilidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario