Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

viernes, 3 de julio de 2009

As claves no futuro de internet

É moi complexo saber cales serán os pasos que dará nos vindeiros anos Internet, pero Manuel Gago, profesor adxunto da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, adiantou algúns que seguramente se cumpran. Son, para el, as "ideas nas que pensar no futuro":
1) Producirase un abaratamento do ADSL: redúcense os prezos actuais na modalidade de tarifa plana, para captar máis xente nova e cun alto nivel de mobilidade.
2) Reducirase o incremento do número de blogs: os antigos blogueiros, pola contra, fortalecerán os seus perfís en webs de ámbito social.
3) Rexistrarase unha agresiva competencia entre plataformas sociais como Tuenti, Facebook, MySpace...: haberá unha intensa loita sobre o concepto aberto/pechado. O malo vai ser que estas plataformas só deixan expandir o seu contido dentro delas, non ao exterior.
4) Medrará con forza o emprego do open source en aplicacións e software: non se producirá tanto isto nos sistemas operativos dos usuarios finais, que seguirán a ser propietarios, Windows XP, Windows Vista ou MacOS X.
5) Internet=disco duro: aumentarán o número de aplicacións de almacenamento de contidos, e os xigas de capacidade no correo electrónico, nos sitios de distribución de vídeo ou nos xestores de imaxes.
6) Continuará a caída de vendas da prensa en papel e se fortalecerán as edicións dixitais: as empresas fortalecerán as súas cabeceiras impresas.
7) Non haberá incremento significativo do número de internautas en Europa: a dixitalización xa chegou a niveis estables e empeza a depender de indicadores estruturais como o PIB ou a balanza demográfica.
8) Os usuarios dominarán as competencias e habilidades no emprego das novas tecnoloxías e da rede
9) As televisións irán por diante da industria cinematográfica na apertura dun modelo de negocio en internet: a Tv, como parrilla de programación liñal, está desaparecendo.
10) Personalización: desenvolveranse softwares e aplicacións e eficientes para detectar a información relevante para o usuario.
11) Haberá máis interacción entre medios sociais e medios xornalísticos: haberá unha hibridación entre eles a través de mashups de programadores independentes ou por iniciativa dalgunha das partes.

1 comentario:

  1. Una de las cosas que me ha llamado la atención de este enlace es que se reducirán el número de blogs en el futuro, aunque los blogueros actuales fortalecerán su presencia. Yo creo que con el avance de las tecnologías y la democratización de internet en occidente la red interesa mucho más y se abren nuevas formas de comunicación al margen de los periódicos actuales o los foros por lo que existirá un periodismo ciudadano, como explican muchos autores y como se dijo en el Foro de Periodismo de la facultad hace unos meses. Por lo tanto creo que el número de blogs seguirá creciendo

    ResponderEliminar