xa hai unha entrada explicando como podedes incorporarvos ao wiki. Xa hai algunhas persoas dadas de alta, polo que a explicación debe estar clara. Ide engadindovos ao listado xa para empezar a crear as páxinas. Non esquezades:
1. mellor párrafo ou relato por ventá. mellor sen que haxa desprazamento
2. utilizade o apartado das etiquetas, engadindo termos que permitan recuperar o que ides escribindo dun xeito sinxelo.
3. titulade cada lexia que vaiades creando
aLgunhas mÍnimas dIrectrices:
Para darvos de alta tedes que dar os seguintes pasos:
1-Ir á web wikispaces.com e cubrir os tres primeiros puntos de onde pon 'join', pero sen crear un espazo novo.
2-Logo ir a web http://rigormortis.wikispaces.com e premer na esquerda da pantalla onde pon 'join this space'
3-Cubrir o 'sign in' cos datos que déchedes no punto 1
4-Pulsar onde pon 'request membership'
Agora só tendes que agardar que alguén -todos somos organizadores e podemos facelo- vos admita nalgún momento. Tedes que esperar a que alguen vexa a petición, eu xa estarei atenta. Unha vez que esteades admitidos xa poderedes entrar e modificar a páxina sen problemas (son as indicacións do ano pasado. O que pasa que a mín ninguen dou o visto bó miña incorporación e aparezo como membro dos organizadores)
oUtros dEtalles sobre o wiki para que teñades en conta nun primeiro momento e ata que vos afagades coa interfaz:
Na parte superior aparece o nome da wiki, rigormortis, e se pinchades nel iredes á páxina principal.
A idea da wiki é ir creando páxinas que se enlazan unhas con outras, así, na esquerda hai unha ferramenta que pon 'new page' e que nos permite facelas. Cada páxina leva un nome que permite identificala -aparece tamén arriba na parte esquerda ao lado dunha estrela. A páxina principal chámase automáticamente 'home'.
En 'manage space' no apartado de 'space contents' pon 'list pages' e dende alí podedes ver todas as páxinas que se van facendo. A idea é enlazar de xeito interno -aínda que tamén podemos facer enlaces externos- esas páxinas para ramificar as diferentes historias.
Na parte superior de cada páxina aparece 'Edit this page'. Dende alí podedes escribir, engadir enlaces, imaxes, vídeos...
Ademais non fai falla firmar cada entrada porque o apartado 'history' -tamén na parte superior- permite ver quen e cando modificou cada páxina.
Tende coidado porque o ano pasado houbo algún susto por supostas desaparición de contidos, que non desaparecen en realidade, pero hai que recuperalas.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario