Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 6 de marzo de 2008

Como rexistrarse no wikispace

Despois dun cacho de tempo fedellando descubrín como se pode dar un de alta no wikispace que creamos hoxe á mañá. O primero que hai que facer é crear unha conta en wikispaces. Para iso, unha vez na portada da web, hai que clicar en Sign in e despois, onde pon "New to wikispaces?" facer click no link que aparece debaixo ("joing wikispaces now"). Aí pos o teu nome, o teu contrasinal e a túa dirección de correo. Onde che pregunta se queres crear un wikispace evidentemente hai que deixar posto non, porque o espazo xa está creado. O último paso para rexistrarse na web é ir á nosa caixa de correo e darlle ao link que nos envían os de wikispaces.
Unha vez feito todo isto só hai que entrar no wiki de "Rigor Mortis" (rexistrándose coa conta que creamos esta mañá de rigormortis) e dende a opción de invitar membros colocar a dirección coa que nos rexistramos individualmente en Wikispaces e outra vez na nosa caixa de correo teremos a invitación ao wikispace, pero esta vez ao de Rigor Mortis en concreto.
Por último hai que volver ao wikispace rexistrado coma rigormortis e aceptar a aceptación da invitación (que isto é xa rizar o rizo pero bueno....).
E xa está, queda engadido o membro ao wiki. É un pouco lioso, pero bueno, espero que se comprendan as miñas explicacións, senón deixade un comentario.

2 comentarios:

  1. Gracias a tus indicaciones he podido registrarme en rigormortis con éxito xD WoWWWWWWWWW!

    Con lo negada que soy en inglés... Gracias por tu ayuda ;)

    ResponderEliminar
  2. Mo costó lo suyo,jeje, pero por fin he conseguido registrarme. Gracias por tu explicación, porque lo cierto es que es bastante lioso. Buen fin de semana!

    ResponderEliminar