Hai catro comités de redacción / edición, 20 persoas. Así que, polos meus datos, faltan 7 por formar grupo. Esas 7 persoas que miren, por favor, de resolvelo a través do correo electrónico. Formar un grupo de 5 e as dúas restantes que se incorporen a dous equipos xa establecidos de forma individual.
Tiven que decidir que grupo principiaba a revisión do escrito e tras un transparente e obxectivo sorteo ante notario tocoulle o primeiro turno ao grupo de Fátima, Beatriz, Marta, Eloy e Daniel. Así que para tentar organizar o traballo e sempre aberto a posibles modificacións máis adecuadas:
1. revisades ata o mércores día 26
2. O xoves, día 27, incorpóranse as correccións, cambios, ideas, erratas, aportación, puntualizacións, consellos, incoherencias, propostas, críticas, erros, etc. na bitácora.
3. Entre o xoves e o sábado fanse as correccións. Primeiro os autores aos que van dedicadas as puntualizacións, dúbidas, cuestións de calquer tipo aclaren e argumenten as súas decisións. Si por exemplo o comite pensa que hai unha incoherencia, ou non entende un párrafo, ou falta un enlace de unión entre partes, ou pensa que hai un incorrección gramatical ou léxica ou semántica, as persoas afectadas deben comentar si están dacordo coa apreciación ou non ,e explicar as razóns. Unha vez feito o paso do contraste de opinión entre o comité e os creadores dos bloques faise a corrección oportuna. Esta corrección sería mellor que a fixera o propio responsable do texto, ainda que pode delegar no comite. Non se trata de modificar o estilo de ninguén, só de que todos sexamos conscientes do que estamos a escribir, as razóns, os obxectivos, o sentido, o contexto. E os comités de redacción teñen a responsabilidade de revisar, non de cambiar a estructura do relato. E os autores do mesmo teñen a responsabilidade de entender ao comite, de comentar cos membros os problemas e buscar entre todos a solución.En todo caso, se os autores non se manifestan, os membros do comité tomarían as decisións que consideren oportunas.
4. Así o luns da semana seguinte comezaría o segundo comité de redacción, que neste caso sería o formado por Beatriz, Dolores, Alba, Tamara e Mónica.
A continuación tocaríalles o turno a Alba, Laura, Raquel, Paloma e Alexandra. Depois Fany, Marta, Isabel, Bernardo e Sonia.
5. Así o tempo de revisión podíase establecer entre o luns e o mércores para que o xoves se poideran subir as anatocións á bitácora no horario de clase.
- Quedo a espera de que completedes o resto dos equipos.
- Avísademe se non vos chegan os correos electrónicos. Tende a precaución de mirar na carpeta de spam, por si acaso.
- Tamén agradecería que me informarades se algunha das persoas, que nun principio se anotaron nesta parte de Obradoiro, cambiou de opinión.
- As clases sí comezan o luns 24
Boas vacacións
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
viernes, 14 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario