Fotos, interfaz do plugin de son ou de vídeo mirade de que non sexan grandes. Procurade reducir os tamaños para que non fagan as páxinas longas e anchas, con barras de desprazamento. Intentade que se vexa o contido da páxina dun só golpe de vista. Se vos situades enriba de cada elemento sae un recadro delimitador que permite modificar o tamaño, se pulsades na tecla mayúsculas cando modifiquedes o tamaño, a diminución e reducción debería ser proporcional. Tamén o programa vos permite situar os recursos na esquerda, dereita ou centro.Faláramos de non incorporar os enlaces internos, dentro do texto, para evitar a fuxida inmediata da correspondente entrada. Mirade de poñer ao final da páxina un liña coas palabras enlazadas.Intentade non usar as maiúsculas agás no caso que sexan unha específica chamada de atención. Na web o uso das maiúsculas é como si se berrase, como se se perdesen os papeis. Fixadevos que en deseño non se usan, son nada atractivas.Lembrade, cando redactedes unha entrada non esquezades incorporar as etiquetas, tanto no wiki como na bitácora. As etiquetas que sexan palabras soltas (trama, personases, escenarios, etc.), agás cando sexa imprescindible. Son importantes para recuperar e controlar os textos que ides creando. As etiquetas tamén nos sirven como sistema de navegación.
Os títulos das entradas do relato que sexan directos, chamativos, curtos, pensade en termos de publicidade. Frases curtas, efectivas e efectistas.Escribir e reler o escrito. Unha segunda relectura do texto creado, axudara a fixar mellor o estilo.
Non esquezades en ir tamén recupeando documentación sobre a narración hipertextual, a novela interactiva e multimedia. Tendes que revisar todo o material entregado nas clases e o que vaiades atopando, na rede e en libros, e ir creando ademais un discurso paralelo teórico sobre eses asuntos, con debates sobre as aportacións e as ideas que vaian xurdindo.
Moi ben o traballo que estades a facer. Vai resultar un estupendo experimento, no que por suposto a implicación é de todos e todas.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
viernes, 14 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario