Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 26 de marzo de 2009

Mundos virtuales en internet: el caso de Second Life

Non sei se vos lembrades de "Second Life", esa plataforma virtual xurdida en internet hai apenas un par de anos. Pasou de estar no centro de todas as miradas, a estar un pouco no "olvido", os seus creadores recoñecen que xa non son "a nena mimada da rede" pero que seguen contando cun número elevado de usuarios.

En "Second Life", moitos levan a cabo unha dobre vida virtual, relaciónanse socialmente, levan a cabo transaccións e negocios. Máis de 15.000 persoas venden roupa e produtos en Second Life segundo os seus creadores.

O caso é que o ano pasado mesmo a Sociedade Española de Medicina, organizou o seu congreso anual ademais de no mundo real, no mundo virtual a través de Second Life, no que podían participar ademais de expertos, familiares de pacientes...todo un mundo de posibilidades.

Mesmo os partidos políticos facían propaganda, e cibermítins a través da plataforma. Un dos máis coñecidos foi Llamazares, que se converteu no primeiro líder político español en facer campaña a través de Second Life.

Ó certo é que dende hai un tempo, Second Life, parece que perdeu terreo fronte a outras formas de relacionarse na rede coma Tuenti, Facebook ou Twitter.

En redes coma Facebook, a maioría de asociacións , partidos políticos, ONGs teñen o seu perfil para gañar adeptos.

Non sei se coñecedes Second Life, pero gustaríame saber a vosa opinión sobre o tema, sobre por qué neste último ano Facebook, Tuenti ou Twitter, son as plataformas que máis éxito teñen na rede. Persoalmente, creo que estas últimas teñen un maior éxito ó permitir un maior grao de interacción ó crear grupos de amigos comúns, mentres que Second Life, está máis orientado ó mundo dos negocios.

Saúdos compañeir@s!

3 comentarios:

  1. Persoalmente penso que a prevalencia dunhas redes sociais sobre outras é só cuestión de modas. Todas ofrecen practicamente as mesmas prestacións, cunhas diferencias moi sutís. Por exemplo, creo que a única diferencia entre Facebook e Tuenti é que a primeira só permite consultar as páxinas persoais das persoas que están na túa rede, e algunhas chorradillas máis como a creación de mascotas. Hai un ano tódolos veinteañeros estaban enganchados a Fotolog e de súpeto pasáronse todos a Tuenti, cando son dúas redes moi semellantes en canto a prestacións. Nestes dous casos, diferencias non son tan importantes como para determinar as preferencias dunha persoa por unha ou outra rede, por iso penso, como dixen antes, que depende da moda e da idade do usuario. Simple efecto arrastre, nada máis.

    ResponderEliminar
  2. Está claro que as modas mandan na rede máis que en ningún outro lado. E máis cando contiuamente están saíndo plataformas e servizos que melloran os xa existentes. Persoalmente nunca utilicei Second Live, pero si son usuaria de Tuenti e Facebook. A pesar de que Tuenti entrou con moita forza, creo que lle queda moito para poder desbancar a Facebook, que xa leva moitos anos estando en primeira liña de usuarios.

    ResponderEliminar
  3. Yo creo que cada una de estas plataformas se dirigen a públicos diferentes. Second Life no la utilizo, pero si dices que es más de negocios, estará orientado a un público más adulto que le interese ese mundo. Entre tuenti y facebook hay menos diferencias. Yo pienso que tuenti está orientado a un público más joven y además es más simple que facebook. Por otra parte esta última ofrece más posibilidades para el usuario: como la realización de test, juegos, la integración en grupos...

    ResponderEliminar