Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

viernes, 27 de marzo de 2009

Unha homenaxe a Nanook


Ola de novo,


Cada día atopamos novas formas de narración hipertextual, que demostran que a lectura liñal non é a única posibilidade. En 2007, un estudante de Belas Artes chamado Jonathan Harris quixo facer unha pequena homenaxe ao primeiro documental da historia: Nanook, o esquimó. Harris decidiu marchar a Alaska para participar na caza da balea cos Inupiat, a tribo á que pertencía Nanook. Á volta, o xove contou a súa historia nunha web, pero prescindiu de crónicas ou reportaxes, tiña unha idea novedosa: puxo en marcha The Whale Hunt (A caza da balea). Coas 3.124 fotografías que sacou durante a súa aventura, Harris elaborou unha historia, sen empregar máis que iso, fotografías. Desde a súa web pódese seguir a cacería desde o momento en que planea a viaxe ata a caza da segunda balea. Ademais engadiu parámetros de busca, para que os usuarios poidan elixir os detalles que lle interesan da historia. Por exemplo, elaborou un rexistro de personaxes (esquimós, o guía, o propio Harris...) para que se poidan ver as accións que fixo cada un deles durante a viaxe, e tamén outro de obxectos e animais (balea, sangue, barcos, ferramentas...). Desde xeito só se mostrarían as imaxes que contivesen os items seleccionados. Na barra inferior da pantalla mostra tamén unha liña que vai crecendo ou diminuíndo segundo a intensidade das imaxes (a maior impresión da imaxe, liña máis grande). A verdade, unha web moi novidosa.

3 comentarios:

  1. Ohhh, sí, recuerdo esa web, es increíble! No sólo me parece original sino brillante! Está muy bien pensada, y tiene un trabajo detrás brutal. De hecho he visto pocos trabajes de arte en Internet o pensados para la red tan currados y tan innovadores: la historia, las mil formas de contarla, de verla, de entenderla. El caso es que este trabajo me parece más bien precursor. Debería ser el inicio de un género. Sería algo así como un wiki en imágenes, no? Del mismo modo que en los wikis podemos explotar también la creatividad literaria y la fuerza expresiva de las palabras, este otro tipo de nuevo wiki permitiría hacerlo a través de la fotografía, o de los dibujos... te agraezco que me lo recordadaras, indagaré un poco sobre ello a ver si encuentro casos similares.

    ResponderEliminar
  2. Parece incribel e super orixinal a idea que tivo este estudiante. A web vina nunha das clases con Gago e gustárame tanto que a volvín ver logo na casa. O que máis me chamou a atención é a capacidade que ten de transmitir sensacións sen empregar relati algún e gran organización que levou a cabo das fotos.

    ResponderEliminar
  3. Your blog keeps getting better and better! Your older articles are not as good as newer ones you have a lot more creativity and originality now keep it up!

    ResponderEliminar