Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando entradas con la etiqueta relacions sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta relacions sociais. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2009

Mundos virtuales en internet: el caso de Second Life

Non sei se vos lembrades de "Second Life", esa plataforma virtual xurdida en internet hai apenas un par de anos. Pasou de estar no centro de todas as miradas, a estar un pouco no "olvido", os seus creadores recoñecen que xa non son "a nena mimada da rede" pero que seguen contando cun número elevado de usuarios.

En "Second Life", moitos levan a cabo unha dobre vida virtual, relaciónanse socialmente, levan a cabo transaccións e negocios. Máis de 15.000 persoas venden roupa e produtos en Second Life segundo os seus creadores.

O caso é que o ano pasado mesmo a Sociedade Española de Medicina, organizou o seu congreso anual ademais de no mundo real, no mundo virtual a través de Second Life, no que podían participar ademais de expertos, familiares de pacientes...todo un mundo de posibilidades.

Mesmo os partidos políticos facían propaganda, e cibermítins a través da plataforma. Un dos máis coñecidos foi Llamazares, que se converteu no primeiro líder político español en facer campaña a través de Second Life.

Ó certo é que dende hai un tempo, Second Life, parece que perdeu terreo fronte a outras formas de relacionarse na rede coma Tuenti, Facebook ou Twitter.

En redes coma Facebook, a maioría de asociacións , partidos políticos, ONGs teñen o seu perfil para gañar adeptos.

Non sei se coñecedes Second Life, pero gustaríame saber a vosa opinión sobre o tema, sobre por qué neste último ano Facebook, Tuenti ou Twitter, son as plataformas que máis éxito teñen na rede. Persoalmente, creo que estas últimas teñen un maior éxito ó permitir un maior grao de interacción ó crear grupos de amigos comúns, mentres que Second Life, está máis orientado ó mundo dos negocios.

Saúdos compañeir@s!