Ola compañeir@s !
Gustaríame falar dun tema que ten que ver coa nosa universidade. Fai apenas unha semana, a USC firmou un convenio con Google Books, para que uns 700 libros e unhas 246 tesis doctorales da Universidade estean dispoñibles vía Internet.
E este non é un feito aillado, a través de google books, xa se podía acceder dende hai tempo á biblioteca da Universidade Complutense. Este paso á dixitalización penso que ten un sentido dobremente positivo, por unha banda evítase o deterioro das obras máis antigas, e por outro favorécese o acceso e a democratización a estes contidos que doutro xeito só estarían dispoñibles de xeito presencial.
Cada vez máis as institucións xa non só universitarias, senón mesmo os editores de libros, dánse de conta de que o futuro está na rede. Fai uns anos falar de e-books ( como libros concebidos en formato dixital, non libros tradicionais dixitalizados ou escaneados) e, era como falar de que "vén o lobo", para os editores. Agora coido que cada vez máis ven este fenómeno, como algo positivo -sempre que se respecten os dereitos de autor e copyright-, favorece que a xente coñeza as obras en todo o mundo, e contribúe a facer publicidade das mesmas.
Tense falado deste tema abondo aquí no blog, estes días. Penso que os libros nunca chegarán a extinguirse, posto que o formato tradicional en papel, é algo insubstituíble. xa non só polo soporte en si, senón pola satisfacción que reporta ler un libro tirado no parque sen necesidade de conexión á rede. Agora ben, esta claro, que os ebooks, son un complemento fundamental para os libros tradicionais, e coido que nun futuro complementaranse mutuamente tendo a mesma importacia posiblemente.
Creo que é un argumento un tanto esaxerado dicir que as bibliotecas, se extinguirán coa chegada dos e-books, pero está claro que a dixitalización, e a posta destes libros a través de internet é unha realidade cada vez maior, dacordo cos tempos que corren.
Saúdos compañeir@s!!!
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Boas!!
ResponderEliminarpersoalmente penso que é un paso moi importante pois permite que moitas mais persoas teñan acceso a tódolos ou practicamente tódolos documentos que queiran mais penso tamén que as bibliotecas e os libros no seu conxunto vanse ver bastante afectados. Hoxe en día cada vez hai menos xente que le, ben sexa pola falla de tempo ou por mil historias e nun futuro non moi lonxano a xente por comodidade vai acceder ós libros a través da rede no canto de compralos ou acudi-la biblioteca, por esta razón van estar bastante afectados.
non creo porén, que cheguen a extinguirse as bibliotecas, pareceme algo esaxerado, pero que vai diminuir a cantidade de xente que acode a elas, estou segura.
Yo también pienso que puede disminuir el número de gente que compre libros en papel o que acuda a las bibliotecas tradicionales. Pero que el libro desaparezca, pienso (y espero) que nunca.
ResponderEliminarSobre los e-books, me parece un tema muy interesante y positivo, pero sigo diciendo que leer en una pantalla es muchísimo más incómodo y perjudicial para la vista!
A mí también me parece exagerado afirmar que las bibliotecas desaparecerán con la llegada de los e-books. Además, he leído que los libreros calculan que circulan unos 3.000 libros electrónicos, un número "insuficiente" según ellos para valorar su implantación. Sin embargo, yo creo que los e-books pueden ser una amenaza para el sector ya que estamos ante una nueva revolución en el mundo del libro. Algunas de las ventajas que los e-books aportan son: la economía, ecología, accesibilidad, espacio, disponibilidad inmediata...Pero también opino como Marta que es mucho más incómodo leer por la pantalla.
ResponderEliminar