- A creación de entradas: crear unha nova entrada é tan sinxelo como facer click en "new page", na parte superior esquerda (para que esta opción apareza hai que estar rexistrado). Ao darlle o nome á páxina recordade escoller títulos breves e o máis literarios posibles. Prohibido utilizar secuencias (Una carta I, Una carta II...).
- As etiquetas: hai que colocalas no wiki en cada páxina nova que creemos. Para iso, cando editamos, hai un espazo abaixo chamado "tags". Á hora de crear etiquetas hai que ter en conta as xa existentes para evitar a duplicidade, é dicir, que haxa dúas etiquetas distintas que se refiran ao mesmo porque o wiki ten en conta os acentos e as maiúsculas (para o sistema álvaro, Álvaro, alvaro e Alvaro serían catro etiquetas distintas). As etiquetas estarán todas en minúsculas e con acento. Hai que confiar en que os compañeiros colocan as etiquetas nas súas entradas, porque o wiki só permite ver na páxina as que creou un mesmo.
- O menú de navegación: unha vez creada a páxina e etiquetada hai que colocala á esquerda, no menú de navegación. Para iso hai dous métodos: ou pinchar en "edit navigation" ao final da lista ou entrar en "space.menu" e editar a páxina. Unha vez na páxina hai que colocar ao final o nome da entrada que creamos e enlazala. Aparecerá automaticamente no menú. É moi importante NON esquecerse de incluír a nova páxina aquí, xa que senón o resto dos compañeiros non saberán da súa existencia.
- Os enlaces: todas as páxinas creadas teñen que ter enlaces ao final do texto. Ademais é preciso que veñan doutra páxina e que vaian cara outra.
- Cambiar o nome a unha páxina: pódese facer de dúas maneiras. A primeira delas é a través de "manage space" (arriba á esquerda da páxina). Alí hai que facer click en "list pages" e aparecerá a lista de páxinas creadas con diversas opcións ("actions") ao lado de cada unha. Escoller "rename". A outra maneira de chegar a ese punto é entrar na páxina da que se quere cambiar o nome e pinchar na frecha que hai arriba de todo, na pestana de "page". Alí tamén hai a opción de "rename". Cando cambiedes o nome a unha entrada coidado cos links, xa que tamén lles haberá que cambiar o nome.
- Introducir fotos: dentro da edición de páxinas, no menú que aparece arriba, hai un icono cunha árbore. Facer click nel e aparecerá un menú á dereita. Para introducir a imaxe e que nos apareza no menú hai que subila (upload new file --> explorar --> seleccionar a imaxe no noso ordenador --> upload). Unha vez subida só hai que facer doble click nela e colocala onde queiramos e coa alineación que prefiramos.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
lunes, 14 de abril de 2008
Instruccións básicas para participar no wiki
Tal e como me pediu Marita fago unha lista das instruccións básicas para poder manexarse sen problemas no noso wiki.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario