Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

sábado, 12 de abril de 2008

Heartbeat e Gabriella infinita

O link que aparece na entrada de Gabriella infinita non funciona (www.javeriana.edu.co/grabiella_infinita) porque lle falta o guión do final, a dirección que aparece buscando en google é http://www.javeriana.edu.co/gabriella_infinita/.
O proxecto, que orixinalmente foi unha novela, paréceme moi orixinal, sobretodo na súa presentación visual. Atopeime co problema dos plugins que non me permitiron navegar por todos os elementos que ofrece a historia. O que non me acabou de convencer son os textos, dende o meu punto de vista son demasiado longos e o feito de que se poida pasar páxina en cadernos para seguir lendo é interactivo pero segue sendo tan liñal como ler un libro normal.

O outro proxecto do que se falou estes días no blog é o de heartbeat. Ten o mesmo problema que tiñamos nós nun principio, ao colocar os enlaces dentro do texto un sente a tentación de pinchar co rato antes de rematar de ler o fragmento. Tampouco me convenceu a utilización das cores e a continua apertura de ventás, non aporta nada á narración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario