Durante os catro anos de carreira falamos moitos dos chamados 'Novos Medios'. Porén, non todos coincidimos en que son realmente. O ruso Lev Manovich foi un dos primeiros que se preocupou de definir este concepto e de mostrar ao mundo a experiencia de lectura hipertextual e electrónica. Para el existen varias claves para saber que é un 'novo medio':
1. Novos medios non son a cibercultura; a cibercultura son as prácticas sociais que facemos nun medio electrónico. Os novos medios teñen que ver cos obxectos culturais, non coa sociedade nin coas prácticas sociais en internet, teñen que ver coa forma na que organizas os obxectos culturais, vídeos, imaxes, etc.
2. Os novos medios son unha tecnoloxía informática empregada como plataforma de distribución. Calquera obxecto cultural creado nos medios (cd, páxina web, etc) estará sempre orientado a ser distribuído.
3. Os novos medios son datos dixitais controlados por software. Nós empregamos software para utilizar e controlar certo tipo de datos.
4. Os novos medios como unha mestura entre as convencións culturais e as do software.
5. Os novos medios como unha estética que acompaña o nacemento de cada novo e moderno medio de comunicación. Os novos medios enténdense como forma cultural de acompañar o xurdimento da tv, da radio, da prensa, etc... Por exemplo, en Galicia o primeiro medio que utilizou fotografía chamabase Vida Gallega, (creo qeu semanal, destinada a clase media-alta). A primeira entrevista, fanlla a Antonio López Ferreiro, un canónigo da catedral e un gran historiador. Van e inténtanlle facer unha foto. O home non entende, porque estaba acostumado aos gravados, de feito a foto sae movida.
6. Os novos medios como unha execución aínda máis rápida de algoritmos executados previamente ou a través doutras tecnoloxías. os novos medios como o emblema da vangarda creativa.
Agardo que podamos ter unha idea máis concreta do que son os 'Novos Medios'.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
martes, 21 de julio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario