Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

martes, 21 de julio de 2009

Hipertelevisión

O outro día sorprendinme bastante cando oín falar na televisión da chamada 'estética posthipertextual', un concepto novo para min; o proceso consiste en que as formas hipertextuais que caracterizan aos 'novos medios' pasan a remodelar aos 'vellos medios', como a televisión.
Neste senso tamén fala Carlos Scolari, profesor de ciberliteratura da Universitat de Vic. Presta especial atención á chamada 'hipertelevisión'. Xa nos anos 80, Umberto Eco fixera referencia a un cambio na concepción da tv, co paso da "paleotelevisión á neotelevisión" (polo aumento de canles e a desaparición da oposición entre información e entretemento). Scolari define a hipertelevisión con varias características:
Multiplicidade de programas narrativos: na hipertelevisión as historias multiplícanse e as aventuras dos seus personaxes crúzanse nunha complexa trama argumental. Complícanse as tramas e as relacións sentimentais, familiares e profesionais entre os personaxes; as series antigas tiñan unha estrutura liñal -por exemplo, en Se ha escrito un crimen, Jessica Fletcher enterábase do asasinato, investigaba o caso e resolvíao, así en todos os capítulos-.
Fragmentación da pantalla: a interface da televisión estase adaptando para competir cos medios digitais interactivos. A pantalla dóbrase para permitir aos espectadores ver o que pasa durante o programa mentres botan os anuncios.
Ritmo acelerado: nos produtos da hipertelevisión a montaxe acelérase para dar cabida a todos os programas narrativos que neles se desenvolven.
Intertextualidade desenfrenada: a citación, homenaxe ou roubo doutros textos é unha das características da estética postmoderna da hipertelevisión.
Extensión narrativa: os relatos da hipertelevisión non se agotan nun capítulo nin rematan ao final da temporada, xa que se extenden a través dos anos. Son tramas moi abertas.
Ruptura da secuencialidade: varias produccións da última década fixeron do flashback un recurso común.

2 comentarios:

  1. Para mí también es nuevo el concepto de la hipertelevisión, por lo que además del autor que destacas busqué alguno más. En este sentido, Jorge A. Hidalgo dice que la televisión cambia con las siguientes características: múltiples canales, múltiples plataformas, fragmentación audiencias, canales temáticos, hibridación de géneros, hipernarrativas multimedia...Todo eso se traduce en que ahora aún más el ususario tiene el control. Y es que las nuevas audiencias nacieron y crecieron con medios interactivos y inalámbricos. Hidalgo también destaca que 'Lost' es un fenómeno de la hipertelevisión multidimensional, planificado y autorregulado.

    ResponderEliminar
  2. Hai un punto que levo escoitando tempo co que non estou para nada de acordo. Refírome a cando os que traballan no mundo da televisión aseguran que agora o espectador ten o control sobre o que ve.
    Na miña opinión, a realidade é que o espectador cre ter o control sobre o que ve, pero máis ca nunca está absolutamente controlado.
    Non é ningún segredo que os medios de comunicación, e sobre todo os audiovisuais, moven cantidades de diñeiro astronómicas e o seu interese é exclusivamente económico.
    Neste sentido, quero dicir que a hipertelevisión -da que eu tampouco escoitara falar nunca, pero que polo que vexo existe-, coa súa multiplicidade de canles e a vastísima oferta que pon a disposición dos usuarios, non fai máis que controlalos.
    Polo demais, paréceme interesante comparar os exemplos argumentais de "Se ha escrito un crimen" e "Lost" e ver como a serie de Jessica Fletcher quizais xa non tivese cabida hoxe en ningunha canle.

    ResponderEliminar