Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

martes, 7 de julio de 2009

Aumenta o acceso a Internet dende dispositivos móbiles

El Correo Gallego publicou o pasado 2 de xullo que o crecemento do uso de Internet dende dispositivo móbiles medrou un 30% en España durante o último ano. Isto supón que no primeiro trimestre de 2009 máis de 4,7 millóns de internautas accederon á Rede desde os seus teléfonos, segundo revela un estudo realizado por Nielsen Online, compañía especializada na medición e análise de audiencias na rede.
Tamén aumentou o tempo medio de conexión ata os 12 minutos por internauta.
Esta tendencia vai acorde coa que se mostra no resto de países europeos cun crecemento do 36 por cento e en Estados Unidos cunha suba de 28 puntos. Segundo o estudo, a navegación móbil "seguirá crecendo a un ritmo exponencial", tal como demostra o feito de que o 57 por cento dos usuarios europeos actuais de internet móbil estea predisposto a aumentar o seu consumo nos dous anos próximos.
O documento explica que estes novos hábitos de consumo móbil están "cada vez máis asentados entre os usuarios espa­ñois, que non dubidan en consultar mapas de lugares, correos electrónicos, ou o seu saldo bancario desde calquera punto no que teñan cobertura móbil".
¿Estades de acordo con que o acceso a Internet dende dispositivos móbiles irá en aumento? Eu sigo tendo as miñas dúbidas, pois como xa se mencionou neste blog, o alto custo paréceme unhas das principais limitacións.

1 comentario:

  1. De feito, onde máis crece é na franxa de 15 a 19 anos, aínda que o consumo de internet móbil está máis extendido entre os 28 e os 35 anos. Segundo o Tercer Observatorio de Tendencias de Nokia, de entre os xoves de 15 a 35 anos hai un ano só un 8% afirmaba que empregaba o teléfono para navegar, mentres que hoxe é o 24%. Curiosamente, a franxa entre 15 e 19 anos son os que máis tempo pasan navegando polo móbil, unas 3,5 horas, fronte ás 2,1 horas da media. Neste senso, os máis xoves, entre 15 e 18 anos, entran a internet para acceder a redes sociais -Tuenti, Facebook- e mensaxería instantánea -Messenger-, mentres que o emprego do correo electrónico e a busca de información ocupa aos máis vellos.

    ResponderEliminar