Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

martes, 7 de abril de 2009

Gérad Genette (1989, 19-20) fala de transtextualidad para referirse a "todo aquelo que pón a un texto en relación, ben manifesta ou secreta, con outros textos". Distingue 5 tipos de relacións transtextuais:
1. intertextualidade, "copresencia efectiva de dous textos" (cita, plaxio e alusión)
2. paratextualidade, relación entre o propio texto e o seu paratexto. Paratexto, constituido por mensaxes accesorios e cometnarios que rodean ó texto.
3. metatextualidade, relación crítica entre un texto e outro, ben sexa citado ou evocado o devandito texto.
4. architextualidade, é un aspecto máis abstracto. A percepción xenérica orienta e determina o horizonte de expectativas do lector e, por suposto, da recepción da mensaxe. Disposición ou rechazo fronte ás características xenéricas do texto.
5. hipertextualidade, relación entre un texto (hipertexto) cun texto anterior (hipotexto), que o primeiro transforma, modifica, elabora, amplía.
Genette sírvese do cinema para artellar a súa teoría.
Gérard Genette: Palimpsestos. La literatura de segundo grado, Madrid, Taurus, 1989.

Alguen falaba nunha entrada anterior dos contos Elige tu propia aventura. Aquí deixo un enlace para que revisedes a estructura de Un conte à votre façon (1967), de Raymond Queneau, escritor, cofundador de Oulipo (Ouvroir de Littérature Potentielle: Taller de Literatura Potencial). Os membros de esta maneira de entender a literatura, escritura automática, centranronse en estudiar científicamente as limitacións da creación literaria.

http://www.infolipo.org/ambroise/cours/immediat/images/queneau_cavf.pdf

Raymond Queneau é tamén autor da novela El vuelo de Ícaro, na que os autores -protagonistas do texto- perden os personaxes sobre os que constrúen as súas historias. A desaparición deses personaxes lévaos a contratar detecties privados para que os busque e os recupere e así poder seguir escribindo os relatos. Mentres os personaxes, a partir dalgunhas pinceladas, van constuindo as súas historias á marxe do autor.
Pensade tamén na obra de Luigi Pirandello, Seis personajes en busca de autor. Las figuras creadas se rebelan e poñen en evidencia a responsabilidade da creación. Este xogo narrativo cuestiona o mesmo proceso creativo tradicional e busca a forma de ampliar os puntos de vista dunha estructura discursiva que se transmite pácticamente inalterable desde os tempos aristotélicos. Aínda que sempre houbo importantes intentos de experimentar e, ás veces, de ridiculizar esa configuración creativa. E sí hai moitos exemplos, algúns xa os mencionastedes, Laurence Sterne, Italo Calino, Borges, Diderot, Marc Saporta, etc. son nomes de autores que romperon pautas e normas de creación.

"Por un Puñado de Hiperlibros, Interactive Fiction, Narrativa y Retórica Hipertextual"
Carlos Scolari

http://www.modernclicks.net/htxt_scolari1.html

María José Vega fala de hiperliteratura, narrativa hipertextual, hiperfición, hiperdrama, hiperpoesía... que deixan abertas cuestións como: a ordenación, delimitación e disposición do texto electrónico; as formas de inicio e peche; a progesión da trama o das múltiples tramas que conviven de forma non suceisva; a construcción e número de personaxes; a actividade dos lectoes; a implicación dos hábitos lineais de lectura; cambios no rol do autor, do lector, do propio texto e cambios na forma de analizar este tipo de literatura, da aparición de novos termos e conceptos, desde o punto de vista da propia teoría literaria.
Podedes botar un vistazo ao seu traballo en:

http://www.webpersonal.net/lit_hipertextual/

No hay comentarios:

Publicar un comentario