Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

martes, 13 de marzo de 2007

Usos da wiki

Esquecinme de contarvos algunha cousa da wiki para que vos sexa máis fácil usala.
Na parte superior aparece o nome da wiki, Ausencias, e se pinchades nel iredes á páxina principal.
A idea da wiki é ir creando páxinas que se enlazan unhas con outras, así, na esquerda hai unha ferramenta que pon 'new page' e que nos permite facelas. Cada páxina leva un nome que permite identificala -aparece tamén arriba na parte esquerda ao lado dunha estrela. A páxina principal, por ex, chámase 'home'-.
En 'manage space' no apartado de 'space contents' pon 'list pages' e dende alí podedes ver todas as páxinas que tedes feito. A idea é enlazar de xeito interno -aínda que tamén podemos facer enlaces externos- esas páxinas para ramificar as diferentes historias.
Na parte superior de cada páxina aparece 'Edit this page'. Dende alí podedes escribir, engadir enlaces, imaxes, vídeos...
Ademais non fai falla firmar cada entrada porque o apartado 'history' -tamén na parte superior- permite ver quen e cando modificou cada páxina.
Non sei se queda algo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario