Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

jueves, 15 de marzo de 2007

As etiquetas

Como aínda estou aterrando neste asunto dos mundos interactivos, ando lendo o que escribistes nos últimos días. Que os personaxes se atopen fisicamente non me acaba de convencer, penso que nos pode dar moito máis xogo que se atopen nos soños, ou mesmo que cada un deles sexa un personaxe máis nos soños dos outros dous. Exemplo: A avogada soña que está nunha das súas viaxes de fin de semana e, nun pobo de costa, o mariñeiro dille tal ou cal cousa.
A nivel formal, leo un comentario que me parece moi atinado: a nova versión de blogger, esta na que nos atopamos, permite darlle etiquetas a cada entrada, e tendo en conta que aquí falamos practicamente de todo, sería máis doado que os posts estivesen minimamente ordeados, senón é un lío. Se vos parece vou poñer unha etiqueta neste post, a ver se creo tendencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario