Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando entradas con la etiqueta reunión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reunión. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de mayo de 2007

Páxinas orfas

Hai páxinas ou fragmentos da narración que son orfas. que non teñen enlaces a ningunha outra parte da historia. Hai que eliminar estas páxinas orfas incluindo enlaces que nos leven a partes da narración pertinentes. Os comités de redacción que revisen e resolvan estas situacións. Grazas.
- O xoves da semana próxima teremos unha clase presencial na aula AI6/AI7 para tomar as últimas decisións e revisar o traballo.

jueves, 10 de mayo de 2007

convocatoria de reunión

O luns, día 14, na hora de clase, vémonos todos e todas para examinar como marcha o relato, fixar obxectivos (ou non), delimitar tareas e ir pechando aspectos nos que tendes que aportar tamén ideas: A navegación polo relato, as rutas personalizadas, a revisión da documentación sobre o discurso/relato/novela hipertextual, ademais do material que vos entreguei eu, e tamén é necesaria a vosa aportación crítica ao traballo, ao seu desenvolvemento, á experiencia. Valorar os aspectos positivos e negativos. Facer unha revisión crítica.
mar-i-ta

jueves, 19 de abril de 2007

Así, en xeral

só dicir que é boa idea o da reunión, porque así poderemos fixar unhas ideas básicas que permitan avanzar e facer a historia máis interesante, xa que se quedou nun punto fixo, no que se engaden personaxes secundarias e demais pero no que a acción non avanza
a este respecto, paréceme moi interesante tanto o do personaxe de Raquel, que coñeza a alguén que durme igual que Rodolfo, para así enlazar historias, coma o da muller da Costa da Morte que lle dá o teléfono do psicólogo á muller do mariñeiro
respecto a compañeira de Universidade de Anabel, igual si que debería ser importante o seu encontro pero paréceme forzado que compartan o mesmo problema
Creo que o tema dos personaxes e como os secundarios van servir para enlazar as historias dos principais sería un punto interesante a discutir na reunión

reunión de luns e propostas

A reunión do luns, día 23, é para debatir, analizar, revisar, criticar, suxerir, etc. É unha xuntanza na que se necesita a participación de todos e todas. Non sirven silencios e encollemento de ombros porque non permiten avanzar. Así que vinde con ideas, propostas e alternativas que nos permitan fixar definitivamente por onde queirades que vaia o relato. así que ao principio da clase podemos establecer como un guión de aspectos concretos para debatir. Polo que vos pido que cada un vaia elaborando o seu guión coas propostas. E ao mellor, eses guións individuais coas aportacións de cada un poderíades deixalos na bitácora para reunilos e poder dispor xa dun guión global con todas as propostas e dúbidas que teñades. Dígoo para axilizar o debate. A reunión ten que ser para a toma de decisións e para establecer as pautas de continuidade.