Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

miércoles, 10 de junio de 2009

O Partido Pirata entra na eurocámara

"Os resultados das Eleccións Europeas están a dar moito que falar na Internet, non polas lecturas que poidamos facer nos distintos países en chave local, senón polo feito de que o Piratpartiet ou Partido Pirata
sueco conseguiu que o seu cabeza de lista, Christian Engström, vaia ser eurodeputado durante os vindeiros 5 anos, para defender a non persecución da copia e distribución de contidos protexidos por dereitos de autor sempre que sexa sen ánimo de lucro, apoiando tamén a abolición das patentes e un mellor control dos monopolios.
O partido fundado hai máis de 3 anos por Rickard Falkvinge para defender as liberdades dos internautas acadou o 7,1% dos sufraxios suecos, o que é todo un éxito se temos en conta que é a segunda vez que acoden a unhas eleccións (nos comicios estatais só acadaran o 0,63% dos votos).
A vitoria do Piratpartiet confirma que «hai moita xente que cre que a integridade persoal é relevante e que importa que abordemos de xeito correcto a Internet e a nova Sociedade da Información» a xuízo de Christian Engström, que tamén asegurou que usarán a súa forza «para defender a integridade persoal e os nosos dereitos civís»".

En Código Cero:
http://codigocero.com/O-Partido-Pirata-entra-na

Estaría moi ben que cundira o exemplo por estos lares. Os dereitos de autor estarían moi ben se non se convertirán en impostos indiscriminados. Sería tamén moi útil saber o que a nova ministra de Cultura entende por cultura e difusion da mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario