Por se fosen poucos todos os wikis que comentamos neste blog, vouvos propoñer un novo: a wikanda, un espazo definido polos seus creadores como "O sitio do saber popular de Andalucía". Trátase de dar a coñecer ó resto do mundo aqueles datos sobre a comunidade que non aparecen nas guías turísticas: os refráns, as recetas máis caseiras, as lendas populares, etc... Para min é unha plataforma máis para difundir e preservar o patrimonio cultural popular, que normalmente se transmite oralmente ou a través dalgunha escolma escrita. ¿Credes que se pode facer algo semellante na nosa comunidade?
Un saúdo
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
lunes, 18 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hola!pois a verdade si que me parece unha moi boa iniciativa. desta maneira evitariamos que se perda boa parte da nosa cultura popular, que pouco a pouco se vai esquecendo. Poderíase intentalo, estou segura de que sería moi interesante e ademais fermoso.
ResponderEliminarOla compañeir@s mais ben CREO e ESPERO que en Galiza se faga algo asi... mais que nada para que non se perda o denominado "saber das aboas".. Eses remedios, recetas, frases, lendas e historias que definen a verdadeira idiosincrasia da nosa cultura.
ResponderEliminarA verdade e que agora mesmo estoume preguntando.. Porque non nos poñemos mans á obra e comezamos??
;)
A mí también me parece una buena manera de preservar la cultura popular de un lugar y, al mismo tiempo, ponerla a disposición de todo el mundo a través de la red.
ResponderEliminarAdemás de servir como "archivo" y memoria, funcionaría como un modo de difusión de la cultura de Galicia y de intercambio con el resto de culturas.
Yo no podría aportar gran cosa porque no he tenido demasiadas vivencias relacionadas con la cultura popular gallega, pero Ali tiene razón: ¿por qué no poner ya en marcha (ahora que somos expertos en wikis jeje) esta plataforma de la cultura popular galega?
Un saludo! ;)
Pareceríame moi proveitoso e moi útil que houbese unha iniciativa coma esta en Galicia. Sobre todo porque proporciona información que non se atopa en manuais. Trátase do saber popular, das costumes, da espontaneidade das xentes que é en definitiva a que está recollida en iniciativas coma esta.
ResponderEliminarA ver se logo logo, xurde unha wiki coma esta en Galicia.!
Saúdos.