Lendo os enlaces sobre a novela que se publicaban onte no blog para ler, acabei por plaxiar unha das ideas e creei un mapa en googlemaps cos lugares de acción da nosa novela. En cada lugar hai un mini texto onde coloquei os enlaces que crin pertinentes. Sei que faltan moitos lugares da novela, pero neste momento non me sinto con ánimos de buscalos, sería boa idea ir poñéndoos todos. Creo que só eu podo editar o mapa porque está feito coa miña conta de Google, pero se os publicades no blog colocareinos sen problema. Tamén situei algúns lugares ao meu libre alvedrío (como Gloria Natura), se credes que non deben estar aí comentádemo!!!
Lendo o primeiro texto de El País decateime de que non só nós temos complicacións á hora de crear un novo producto. É máis, incluso creo que podemos ter unha certa vantaxe ao posuír un maior coñecemento, polo xeral, das novas tecnoloxías que moitos profesionais con anos de experiencia na literatura e no xornalismo. Pensaremos en productos hipertextuais con maior facilidade.
Tamén quería resaltar do artigo o feito de que non só hai que pensar no contido da novela, como na literatura tradicional, senón que ten o reto engadido de ter que idear unha estrutura para incluír a narración. Debe ser unha estrutura que permita a inclusión de elementos multimedia e a inclusión de hipertexto, pero que á vez o lector poida navegar por ela sen dificultades (como nos pasou a nós cando tiñamos un menú con centos de entradas na parte esquerda do wiki).
Con Tom Wolfe estou totalmente de acordo cos seus catro puntos básicos da novela, sobre todo no que se refire a definir un punto de vista para narrar a historia. Creo que nun producto elaborado por un grupo amplio de persoas, coma nós, ten moita importancia definir a forma de contar o relato, non só para darlle unha certa coherencia senón para facilitar a comprensión do lector, que moitas veces se verá perdido entre tantas opcións e elementos multimedia.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
En relación al texto de El País, creo que tienen razón. Nuestra labor no es sólo la de escribir una novela, hay que ofrecer algo más. y para ello están las multiplísimas posibilidades que ofrecen las nuevas tecnologías. Es cierto que tenemos mucho camino avanzado debido a que ya estamos muy familiarizados con el mundo de los ordenadores, pero aún así (hablo de mi caso particular) queda mucho por avanzar, y eso es una tara (la mía) para hacer más atractivo el relato.
ResponderEliminarQue buena la idea del mapa
ResponderEliminar