Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

sábado, 9 de junio de 2007

En nombre de Xurxo

Esta es una reflexión que nos deja Xurxo para todos nosotros:

Ola

Dixéronme que relatase os atrancos polos que finalmente non participei na wiki, e aquí van.

Problemas técnicos puntuais e falta de tempo en xeral sería a primeira razón, e a segunda, que non comprendín (ou asimilei) a filosofía da wikinovela no seu momento.

Quizais, traía ideas preconcebidas doutras experiencias anteriores sobre como é normalmente a creación dun relato en grupo. Explícome.
A historia descolocoume desde o comezo ó partir duns protagonistas desdebuxados. Precisaba saber que buscaban e que dificultades tiñan para atopalo. Que os personaxes non o soubesen podería ser un bo argumento, pero como co-autor da novela si me parecía relevante sabelo, máis aínda, tratándose dun traballo colectivo onde é doado que xurdan malentendidos posteriores.

Problemas técnicos aparte, deixei avanzar a historia para ver por onde ía e engancharme ó fío dos protagonistas máis tarde. Polo escoitado na clase, agardaba un relato motivado por contrastes sociais en torno ó mundo urbano e tamén ó rural. Non foi así, os impulsos que movían ós personaxes eran, na súa maioría, de tipo sentimental. Supuxen que me perdera algunha premisa sobre unha nova liña argumental. Por motivos laborais faltei moito a clase e a falta de contacto persoal cos integrantes do grupo non a conseguín salvar co blog.

No blog hai grandes ideas, piropos, comentarios persoais, humor, borracheras, discusións... Nalgúns casos, escríbese na wiki e logo faise un tímido comentario no blog a xeito de desculpas por haberlle pisado algunha idea a alguén. Outras veces, confírmase no blog o apalabrado no bar e que agora xa pode aparecer na wiki lexitimado. Iso preocupábame, con que dereito lle coloco eu un irmán xemelgo a Rodolfo se alguén máis metido na trama quere darlle un paxariño.
Participar no blog con xente que non coñezo, e que tampouco me coñece foime imposible. Xa o sei, son un antiguo!!

O dito, obviamente non entendín ben a filosofía deste traballo, o que para min eran trabas e impedimentos para Ausencias era a súa razón de ser.
Seguro que estas e moitas outras dificultades tamén as tivéchedes vós e superáchedelas con éxito.

O meu aplauso polo esforzo adicado e felicidades polo resultado final.

Un saúdo
Xurxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario