Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando entradas con la etiqueta instruccións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta instruccións. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de abril de 2008

Instruccións básicas para participar no wiki

Tal e como me pediu Marita fago unha lista das instruccións básicas para poder manexarse sen problemas no noso wiki.
  1. A creación de entradas: crear unha nova entrada é tan sinxelo como facer click en "new page", na parte superior esquerda (para que esta opción apareza hai que estar rexistrado). Ao darlle o nome á páxina recordade escoller títulos breves e o máis literarios posibles. Prohibido utilizar secuencias (Una carta I, Una carta II...).
  2. As etiquetas: hai que colocalas no wiki en cada páxina nova que creemos. Para iso, cando editamos, hai un espazo abaixo chamado "tags". Á hora de crear etiquetas hai que ter en conta as xa existentes para evitar a duplicidade, é dicir, que haxa dúas etiquetas distintas que se refiran ao mesmo porque o wiki ten en conta os acentos e as maiúsculas (para o sistema álvaro, Álvaro, alvaro e Alvaro serían catro etiquetas distintas). As etiquetas estarán todas en minúsculas e con acento. Hai que confiar en que os compañeiros colocan as etiquetas nas súas entradas, porque o wiki só permite ver na páxina as que creou un mesmo.
  3. O menú de navegación: unha vez creada a páxina e etiquetada hai que colocala á esquerda, no menú de navegación. Para iso hai dous métodos: ou pinchar en "edit navigation" ao final da lista ou entrar en "space.menu" e editar a páxina. Unha vez na páxina hai que colocar ao final o nome da entrada que creamos e enlazala. Aparecerá automaticamente no menú. É moi importante NON esquecerse de incluír a nova páxina aquí, xa que senón o resto dos compañeiros non saberán da súa existencia.
  4. Os enlaces: todas as páxinas creadas teñen que ter enlaces ao final do texto. Ademais é preciso que veñan doutra páxina e que vaian cara outra.
  5. Cambiar o nome a unha páxina: pódese facer de dúas maneiras. A primeira delas é a través de "manage space" (arriba á esquerda da páxina). Alí hai que facer click en "list pages" e aparecerá a lista de páxinas creadas con diversas opcións ("actions") ao lado de cada unha. Escoller "rename". A outra maneira de chegar a ese punto é entrar na páxina da que se quere cambiar o nome e pinchar na frecha que hai arriba de todo, na pestana de "page". Alí tamén hai a opción de "rename". Cando cambiedes o nome a unha entrada coidado cos links, xa que tamén lles haberá que cambiar o nome.
  6. Introducir fotos: dentro da edición de páxinas, no menú que aparece arriba, hai un icono cunha árbore. Facer click nel e aparecerá un menú á dereita. Para introducir a imaxe e que nos apareza no menú hai que subila (upload new file --> explorar --> seleccionar a imaxe no noso ordenador --> upload). Unha vez subida só hai que facer doble click nela e colocala onde queiramos e coa alineación que prefiramos.