Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando las entradas con la etiqueta enciclopedias. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta enciclopedias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de abril de 2009

As cofradías e a relixión tamén en 'wiki'

Ola compañeir@s ! Hoxe navegando por internet topeime con esta noticia e non me puiden resistir a comentala aquí no blog.

O caso é que en plenas vacacións de semana santa, coas cofradías relixiosas funcionando a pleno rendemento (jaja), as procesións, e os milleiros de devotos que teñen este tipo de celebracións, sobre todo en Andalucía, xurdiu un novo proxecto na rede ( aínda que xa existía dende hai un par de anos, este ano, consolidouse como unha referencia no eido da relixión )

WIKANDA


Trátase dun 'wiki', a modo de enciclopedia virtual de Andalucía centrada na semana santa, na relixión e nas comunidades de cofrades. Qué curioso, non ! Polo de agora xa ten máis de 5.300 referencias á semana santa andaluza.

Se entrades poderedes atopar multitude de informacións relacionadas con esta semana: dende cómo se elaboran os produtos gastronómicos típicos da semana santa en Andalucía, ata cales son as virxes máis veneradas, curiosidades das comunidades de cofrades...etc...

Bueno polo de agora van por unhas 5.300 entradas, pero se alguén lle controla no tema, a participar ! :)

jaja

Ben, se queredes consultar a noticia podédelo facer tamén aquí.


Nada máis, que pasedes unha boa semana santa, ou mellor dito, do que queda dela.

Apertas.