Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando entradas con la etiqueta buscadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta buscadores. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de mayo de 2009

Novobuscador = competencia para Google?

Ola compañeir@s!

Chámame moito a atención o mundo dos buscadores no mundo de internet e a verdade quería comentarvos que fai uns días se presentou oficialmente o buscador WolframAlpha.

Nace co obxectivo de facerlle a competencia a Google, á marxe de que o consiga ou non paréceme un proxecto moi interesante. Non se trata do típico buscador que che ofrece un conxunto de posibilidades tras levar a cabo a busca e de entre as que que ti tes que elixir. Ó contrario, unha vez que se "lle pregunta por algo", o buscador resume todos os datos sobre o plantexamento formulado e ofrécellos ó usuario.

Exemplo: se buscamos o nome dun país, sitúao xeográficamente, ofrece datos sobre poboación, PIB, bandeira, linguas...

Ademais da a posibilidade de enlazar con Google e coa Wikipedia. Iso si, polo de agora só está dispoñible en inglés.

wolframalpha


Saúdos compañeir@s!

miércoles, 1 de abril de 2009

Pechou o buscador 'Wikia Search'


Dende hoxe temos un buscador menos en Internet. O fundador da wikipedia e presidente de Wikia, pechou o buscador 'Wikia Search'. Este buscador anunciado a comezos do 2008, pretendía ser unha seria competencia para Google.

Como principal novidade permitía facer búsquedas basadas fundamentalmente nos criterios e ordes de busca que lle daban os seus usuarios. Deste xeito configurábase un buscador a medida das necesidades do usuario, tendo en conta os seus parámetros de búsqueda.

Malia o novidoso do proxecto non acabou de ter éxito, e agora coa crise económica que afecta á coxuntura económica mundial 'Wikia" decidiu pechalo. A compañía estase centrando noutros proxectos como, as wikianswers, a comunidade de xogos e a de entretemento.

Non sei cal sería o verdadeiro motivo do fracaso deste novo buscador. O caso é que penso que fomentaba moito máis se cabe a interactividade co usuario, e non estaba tan 'mercantilizado' como o líder mundial das búsquedas en internet, Google.

Este último ten uns criterios de busca que responden máis ben, dende o meu punto de vista, a intereses económicos e comerciais, e non ofrece ó usuario tanta capacidade para orientar as búsquedas segundo as potenciais necesidades dos seus usuarios.