Deixamos até o pasado sábado para que corrixerades os erros e incoherencias. Pola miña parte, corrixín o nome de Juan por Jesús na primeira páxina do mariñeiro.
No que atinxe ao nome do barco, penso que é algo que tendes que resolver entre elena e lomba, que sodes os que o puxestes. Creo que non son eu a máis indicada para escoller o nome, sodes vós, así que como queirades. Establecédeo ben por antigüidade, ben por gustos. Dá igual. Tamén poderiades deixar os dous nomes sempre e cando expliquedes, por exemplo, que o Tximbito foi un barco pasado, anterior ao Fervedoiro e Fervedoiro II. Como queirades.
No que atinxe á próxima incorporación de novos internautas, eu penso que o máis factíbel é que se permita a escritura cando remate o curso. Podemos cointinuar a historia, pero coido que agora, se xa nos liamos sendo vintecinco e aínda así non se corrixen os erros a historia iría a peor. Ademais, quedaría longuísima e sería moi complicado seguila. é só unha opinión, pero se o queredes así, non hai problema.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
lunes, 2 de abril de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario