Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas

Mostrando entradas con la etiqueta debates. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta debates. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de mayo de 2007

Comités de redacción

-- Entre o 30 de abril e o 6 de maio tócalle o turno de revisión ao grupo formado por Ana Piñeiro, Eva Vázquez, Angela Castro e Alba Porral. Hoxe xoves tiñan que estar xa na bitácora as correccións correspondientes. Xoves e venres as persoas aludidas polas correccións tiñan que respostar, matizar, modificar, protestar, etc. E se non había resposta, os membros do comité serías responsables de cambiar o que consideraban oportuno, entre o sábado e o domingo. O feito de que o mércores remate a revisión non significa que haxa modificación de datas.
A anotación sobre os comités de redacción aparece o 29 de marzo de 2007. Si tendes algún problema revisade as entradas de marzo para comprobar os grupos e o calendario.
-- En canto ao uso da cursiva é unha mala idea. A cursiva é un estilo que se lee mal nunha pantalla, que só debería usarse para frases moi curtas ou palabras e non para párrafos longos. Así que penso que o de facelo en word e cortar e pegar (un xesto ao que estamos acostumados) é unha boa idea ou senón un cambio de tipografía, que visualmente podería ser interesante e chamativo. Teriades que buscar un tipo que contraste moito coa tipografía que estades usando. Tampouco usedes maiúsculas ou negritas. As cursivas, maiúsculas e negritas se interpretan como berros e deberíanse utilizar en casos concretos e non en párrafos longos.
-- Os enlaces externos (mirei o de colocar "target=blank" dentro da etiqueta de enlace e non funcionou) non deberían ir no medio de texto. Gústame iso de que o navegador ten un botón atrás, pero cando saes da túa propia páxina xa non sabemos se vai volver o internauta ou non. Así que deixemos a un lado eses proverbiais mecanismos e pensemos nunha navegación / interacción propia e non deixala nas máns dos navegadores. Polo que os enlaces externos poderían ir ao final do párrafo, e non no medio da narración.
-- En canto ao uso de todas as linguaxes, formatos, géneros, etc son decisións vosas e sería interesante experimentar con todas as posibilidades.

miércoles, 18 de abril de 2007

Clase presencial o luns, día 23

O vindeiro día 23, ás 13:30, na AI1, temos clase presencial e de asistencia necesaria. A clase vainos servir como punto de análise do que levades feito e de inflexión para a continuidade do relato. Así que nesa clase teredes que expoñer as vosas opinións sobre o proceso de traballo, revisión, análise, estratexia, problemas, continuidade da historia, argumento, personaxes, escenarios... Tendes que apartar as vosas opinións sobre como evoluciona o experimento y como debería continuar. E tamén habería que empezar a pensar como buscamos o mellor sistema de navegación para a hiperficción. Quero a participación de todos e todas. Pensade nesta clase como os 100 días dun goberno: balance e accións a desenvolver.

martes, 27 de marzo de 2007

Posta en marcha dos comités de redacción

A falta de dúas persoas, que inicialmente estaban apuntadas, e non sei se continúan ou non, os grupo de traballo e o periodo de revisión quedan da seguinte maneira:

1. María Obelleiro Hermida, Mar Pichel Montes, Lupe Oroña Quintáns, Juan Carlos Floriani González
- Do 26 de marzo ao 1 de abril
- Do 7 ao 13 de maio

2. Xela Cuñarro Otero, Ana Pantín Rivas, David Lombao Rodríguez, María Pampín Mariñas
- Do 2 ao 8 de abril
- Do 14 ao 20 de maio

3. Zaira Doldán Borrazás, Patricia de la Torre Rodríguez, Judit Casas González, Marta Fernández Pedrido, Jorge Faci Lasanta
- Do 9 ao 15 de abril
- Do 21 ao 27 de maio

4. Jesús Pérez Caballero, Alba Galve Jaén, Tania Taboada Carril, Elena Gutierrez Sánchez, Graciela Alonso Fernández
- Do 16 ao 22 de abril
- Do 28 de maio ao 3 de xuño

5. Santiago Montero Vilar, Xurxo Sánchez Gómez, Marcos Calaza Montes, Lucía Sixto Barcia
- Do 23 ao 29 de abril
- Do 4 ao 10 de xuño

6. Ana Piñeiro Fariza, Eva Vázquez Martínez, Angela Castro Pintos, Alba Porral Quintillán
- Do 30 de abril ao 6 de maio
- Do 11 ao 17 de xuño


O desenvolvemento do traballo sería:
1.- De luns a xoves, revisión de todo o que se leva escrito. Do que se leva escrito ata o luns no que cada comité empeza a revisión. O primeiro grupo ten que revisar o que se elaborou ata o 26 de marzo. O seguinte grupo revisa o escrito na semana do 26 ao 2, que é cando o segundo grupo ten que comezar a súa tarea.
2.- Os xoves, cada comité incorpora nesta bitácora as aportacións, puntualizacións, consellos, incoherencias, propostas, críticas, erros, etc.
3.- Entre o xoves e o sábado fanse as correccións. Primeiro os autores aos que van dedicadas as puntualizacións, dúbidas, cuestións de calquer tipo aclaren e argumenten as súas decisións. Si por exemplo o comite pensa que hai unha incoherencia, ou non entende un párrafo, ou falta un enlace de unión entre partes, ou pensa que hai un incorrección gramatical ou léxica ou semántica, as persoas afectadas deben comentar si están dacordo coa apreciación ou non ,e explicar as razóns. Unha vez feito o paso do contraste de opinión entre o comité e os creadores dos bloques faise a corrección oportuna. Esta corrección sería mellor que a fixera o propio responsable do texto, ainda que pode delegar no comite. Non se trata de modificar o estilo de ninguén, só de que todos sexamos conscientes do que estamos a escribir, as razóns, os obxectivos, o sentido, o contexto. E os comités de redacción teñen a responsabilidade de revisar, non de cambiar a estructura do relato. E os autores do mesmo teñen a responsabilidade de entender ao comite, de comentar cos membros os problemas e buscar entre todos a solución.
4. O luns seguinte comeza outro grupo de traballo.

-- Insito por última vez, a participación tanto nesta bitácora como na wiki é continuada. E non vai servir que ao final escribades 400 bloques de texto. Isto non sirve. Hai que manter o debate e hai que construir un relato. E ademais non esquezades que tendes que ir buscando recursos na rede ou impresos sobre o relato hipertextual, sobre a hiperficción e ir comentadoos tamén na bitácora e que aportedes enlaces de textos ou documentos ou bibliografía para que todos e todas poidan acceder tamén a ese material.
Por supostos todas as dúbidas e cuestións na bitácora.
vida