Hai páxinas ou fragmentos da narración que son orfas. que non teñen enlaces a ningunha outra parte da historia. Hai que eliminar estas páxinas orfas incluindo enlaces que nos leven a partes da narración pertinentes. Os comités de redacción que revisen e resolvan estas situacións. Grazas.
- O xoves da semana próxima teremos unha clase presencial na aula AI6/AI7 para tomar as últimas decisións e revisar o traballo.
Debate sobre la narración interactiva, creación de relatos hipertextuales, posibilidades de construcción de tramas hipermedias e interactivas
Mostrando entradas con la etiqueta clase presencial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta clase presencial. Mostrar todas las entradas
jueves, 24 de mayo de 2007
jueves, 10 de mayo de 2007
convocatoria de reunión
O luns, día 14, na hora de clase, vémonos todos e todas para examinar como marcha o relato, fixar obxectivos (ou non), delimitar tareas e ir pechando aspectos nos que tendes que aportar tamén ideas: A navegación polo relato, as rutas personalizadas, a revisión da documentación sobre o discurso/relato/novela hipertextual, ademais do material que vos entreguei eu, e tamén é necesaria a vosa aportación crítica ao traballo, ao seu desenvolvemento, á experiencia. Valorar os aspectos positivos e negativos. Facer unha revisión crítica.
mar-i-ta
mar-i-ta
Etiquetas:
clase presencial,
reunión,
revisión traballo
jueves, 19 de abril de 2007
reunión de luns e propostas
A reunión do luns, día 23, é para debatir, analizar, revisar, criticar, suxerir, etc. É unha xuntanza na que se necesita a participación de todos e todas. Non sirven silencios e encollemento de ombros porque non permiten avanzar. Así que vinde con ideas, propostas e alternativas que nos permitan fixar definitivamente por onde queirades que vaia o relato. así que ao principio da clase podemos establecer como un guión de aspectos concretos para debatir. Polo que vos pido que cada un vaia elaborando o seu guión coas propostas. E ao mellor, eses guións individuais coas aportacións de cada un poderíades deixalos na bitácora para reunilos e poder dispor xa dun guión global con todas as propostas e dúbidas que teñades. Dígoo para axilizar o debate. A reunión ten que ser para a toma de decisións e para establecer as pautas de continuidade.
Etiquetas:
clase presencial,
propostas de debate,
reunión,
revisión traballo
miércoles, 18 de abril de 2007
Clase presencial o luns, día 23
O vindeiro día 23, ás 13:30, na AI1, temos clase presencial e de asistencia necesaria. A clase vainos servir como punto de análise do que levades feito e de inflexión para a continuidade do relato. Así que nesa clase teredes que expoñer as vosas opinións sobre o proceso de traballo, revisión, análise, estratexia, problemas, continuidade da historia, argumento, personaxes, escenarios... Tendes que apartar as vosas opinións sobre como evoluciona o experimento y como debería continuar. E tamén habería que empezar a pensar como buscamos o mellor sistema de navegación para a hiperficción. Quero a participación de todos e todas. Pensade nesta clase como os 100 días dun goberno: balance e accións a desenvolver.
Etiquetas:
clase presencial,
debates,
historia,
revisión traballo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)