sábado, 27 de junio de 2009

Wikipedia permitirá que os seus usuarios suban vídeos

Wikipedia permitirá dentro de dous ou tres meses aproximadamente que os usuarios tamén inclúan vídeos nas súas entradas á plataforma. Ata agora só se podía incluir texto e imaxes, polo que se amplía así o aproveitamento das posibilidades da Rede.
Nun principio o usuario podeá utilizar tres bases e datos para pegar videos nas súas entradas. Trátase de Internet Archive (http://www.archive.org/) , que conta con cerca de 200.000 pezas, incluidos documentais, entrevistas e outras curiosidades. Tamén de Wikimedia Commons (http://commons.wikimedia.org/wiki/Main_Page) , que dispón dunha base de datos con máis dun millón de grabacións, e que está suxeita pola msema fundación que sostén Wikipedia. Outra fonte será Metavid (http://metavid.org/wiki) ,que recopila intervencións no Congreso estadounidense. Todos eses vídeos non están protexidos por dereitos de autor.
Ademáis, o usuario non terá que editar nin convertir eses vídeos.
Logo deste primeiro paso, Wikipedia planea ofrecer ós usuarios novas formas para encontrar vídeos en toda a Rede. Para isto, a enciclopedia brindará ferramentas para editar o material, agregalos nos artigos e vinculalos fácilmente ó texto.
¿Que opinades desta nova iniciativa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario